
Co fin de acadar as metas propostas, La Voz fíxose xa con dúas cabinas de almacenamento FAS2240, emprazadas en distintos centros de datos, aínda que dentro da sede do xornal en Sabón, Arteixo. Dan acubillo, cada unha, a 24 unidades de discos SATA e 48 unidades de discos SAS. Segundo nos conta Ednon dende a súa sede principal de Santiago, a instalación das cabinas -con 76 TB de almacenamento- dotou á plataforma dunhas meirandes flexibilidade e dispoñibilidade, “conseguindo unha mellora no rendemento cunha xestión especialmente doada”. A solución, engade a firma galega, inclúe os protocolos de almacenamento NFS, CIFS, Fibre Channel e iSCSI. Informar tamén que as cabinas replicáronse entre elas a través dunha rede 10 Xb Ethernet mediante a tecnoloxía SnapMirror, que ofrece, engade Ednon, “protección para a recuperación ante desastres, un dos principais obxectivos de La Voz de Galicia”.
Para acadar unha contorna virtualizada, Ednon aplicou tecnoloxías VMware VSphere e Citrix Xen Server, “que axudan a optimizar os gastos reducindo os requirimentos de hardware mediante a automatización e consolidación dos servidores -Windows e Linux, no caso de La Voz-, á vez que melloran as capacidades de continuidade de negocio e recuperación ante situacións imprevistas ou incidentes”. Polo que se refire á tecnoloxía de NetAPP, ámbalas empresas coinciden en afirmar que foi quen de “integrarse á perfección” coas devanditas solucións de virtualización que viñeron da man de Ednon, “proporcionando unha completa xestión e unha optimización do almacenamento, ademais dunha perfecta orquestración da infraestrutura”.
Informar tamén que La Voz de Galicia adquiriu a maiores o software Data ONTAP 8.1 de NetApp, que permite á empresa de comunicación ofrecer “unha plataforma de almacenamento unificado movendo os datos de forma segura”.
Ednon e NetApp fortalecen e virtualizan o tecido de almacenamento de La Voz
Compartir Este Artigo
