
Celébrase este mércores no Hotel Ruta Xacobea de Lavacolla. Por certo que este martes xa había 33 empresa inscritas. Ademais, 23 das entidades participantes forman parte do grupo de empresas pequenas do clúster e dez son firmas de tamaño grande.
A xornada comezará ás nove de mañá, cunha benvida a cargo de Manuel Pan (Abertal Networks), responsable de PEME do Cluster. A continuación, cada un dos participantes presentará a súa empresa, centrándose na súas áreas de traballo e valores diferenciais, para dar paso a unha serie de encontros bis a bis entre os representantes das empresas pequenas e os representantes das grandes. A xornada rematará cun xantar.
A actividade enmárcase na liña de traballo do Clúster de promover a colaboración entre os socios, aproveitando por un lado a potencia impulsora das empresas de maior tamaño e, por outra, a axilidade e capacidade de innovación das PEME e microempresas, nun contexto de oportunidades marcado polo programa europeo Horizonte 2020 e a Estratexia de Especialización Intelixente de Galucia (RIS3).
Lembrar que o Clúster TIC Galicia é unha asociación sen ánimo de lucro constituída en xaneiro de 2008 que reúne empresas, colexios profesionais, centros de investigación, emprendedores e outras entidades do macrosector das Tecnoloxías da Información e das Comunicacións (TIC) de Galicia. O seu traballo oriéntase a promover a internacionalización das empresas, o acceso ao financiamento, a transferencia tecnolóxica e a colaboración entre os seus socios para desenvolver proxectos innovadores de vocación global aliñados co programa europeo Horizonte 2020 e a Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia (RIS3), contribuíndo ao crecemento do sector TIC e á modernización da economía galega.
Máis de trinta empresas xuntan forzas este mércores nunha xornada de networking do Clúster TIC
Compartir Este Artigo
