
Segundo informa a Tecnópole, o enxeño destas dúas alumnas de Bacharelato colleu corpo co prototipo que veñen perfeccionado desde hai máis dun ano, cando se fixo cun dos premios da Galiciencia 2013. “O respaldo”, engaden fontes do parque tecnolóxico, “conta cun sensor que, ante unha postura inadecuada das costas, envía un sinal para que se acendan os pilotos luminosos de alerta”. As inventoras traballan agora no seguinte paso, que é incorporar unha alerta de son. “Dado que o seu proxecto se orienta sobre todo a centros escolares, a súa idea é que o son se emita nunha frecuencia moi baixa que os adultos non perciben, pero si os máis novos”, explica a Tecnópole.
O proxecto orixinouse e está a ser desenvolvido nas Aulas Tecnópole, o programa de capacitación en habilidades científicas e innovadoras organizado polo Parque Tecnolóxico de Galicia-Tecnópole e financiado pola Consellería de Economía e Industria, que comezou esta semana o seu quinto curso.
KiiCS é un proxecto financiado pola Unión Europea para tender pontes entre a arte, a ciencia e a tecnoloxía e está liderado pola Rede Europea de Centros e Museos Científicos (ECSITE). Entre as súas iniciativas para fomentar a cultura da innovación figura un premio xuvenil no que se seleccionan as mellores ideas innovadoras entre as preseleccionadas procedentes de todos os países da UE.
A cerimonia de entrega de premios tivo lugar durante o PICNIC Festival de Amsterdam, un evento que reúne a máis de 5.000 persoas (estudantes, emprendedores, deseñadores, etc.) interesadas en compartir coñecemento e novas solucións innovadoras a partir da co-creación.
O respaldo intelixente das galegas Alba Fernández e Uxía García obtén un premio europeo
Compartir Este Artigo
