A axencia de marketing en liña Elogia foi recoñecida como a mellor axencia online de España nos premios eAwards que se entregaron o pasado mércores en Madrid dentro do marco dos mellores negocios online españois na feira eShow Madrid. Os eAwards Madrid 2014 recoñeceron as últimas novidades desenvolvidas polos negocios online de España, destacando a profesionalidade, excelencia, investigación e desenvolvemento no negocio, co obxectivo de mellorar a experiencia dos seus usuarios no sector.
Elogia foi galardoada co premio á Mellor Axencia de Marketing Dixital por ofrecer servizos integrais online para comercio electrónico, dende estratexias de inbound marketing ata accións de publicidade en liña orientadas a xerar vendas nas tendas electrónicas. Rubén Ferreiro, director xeral de Elogia, foi quen recolleu o premio que outorgaba a organización na gala eShow Madrid da man de Javier Gayoso, director de Spotify en España.
En palabras de Rubén Ferreiro, “estamos moi agradecidos aos profesionais do marketing que nos votaron pola Internet e ao xurado que finalmente nos escolleu. Non é o mesmo crer que es o mellor a que o sector o diga. Fainos ver que imos polo bo camiño coa nosa orientación a resultados e a xerar vendas online”.
Moddity, compañía que como Elogia tamén está ao abeiro do grupo Viko, tamén logrou o seu recoñecemento como a mellor axencia de desenvolvemento de aplicacións móbiles, por proxectos tan coñecidos como as innovadoras apps de mCommerce de Ulabox, Groupalia ou Imprify.
Elogia recibe o recoñecemento como mellor axencia en liña nos eAwards Madrid 2014
Compartir Este Artigo
