
Deste xeito SetPay non se limitará a ofrecer o seu TPV móbil a PEME e autónomos, senón que tamén poderá chegar a acordos con fabricantes de aplicacións, cadeas e franquías, que poderán integrar esta solución de pagamento no seu software, agardando que antes de rematar o ano poidan anunciar xa os primeiros partners desta nova área que deron a coñecer esta semana.
Para avanzar neste ámbito SetPay tamén está a renovar a súa estrutura de comisións por operación, que agora fanse flexibles, de xeito que para un pequeno volume de operacións cobra unha comisión do 1,99%, cantidade que decrecerá a partir dos 2.000 euros en operacións ata chegar a un 0,99% para un volume de operación de entre 7.001 e 10.000 euros. Estes prezos son bastante máis reducidos ao que estamos afeitos, xa que o servizo carece de custos fixos, permanencias e comisións mínimas.
SetPay abre a súa solución de pagamento mediante tarxeta a aplicacións de terceiros
Compartir Este Artigo

