
Para chegar a isto, lembrou, despregouse dende 2009 un importante esforzo en materia de optimización de infraestruturas, de sistemas de información, de equipamento e de formación para os usuarios. Estes precisamente, dixo, son os grandes eixos do Plan Senda para a integración das TIC na Xustiza galega, cuxo desenvolvemento contou cun orzamento de 19 millóns de euros nos últimos cinco anos. Segundo lembrou, o Plan “permite non só abordar a implantación do expediente xudicial electrónico senón tamén a posta en marcha da sede electrónica do ámbito xudicial”. Con todo, Pereira engadiu que fica pendente “un longo camiño por percorrer para acadar a integración efectiva das TIC na Xustiza e que cidadáns e profesionais poidan percibir todos os seus beneficios.” Neste sentido, Pereira salientou que o papel e a colaboración dos profesionais do ámbito xudicial é fundamental para que a integración da tecnoloxía alcance a máxima efectividade.
Outro dos temas a tratar pola titular de AMTEGA foi o ciberacoso. Ao fío desta cuestión, Pereira, fixo fincapé no recente estudo do Valedor do Pobo sobre os hábitos tecnolóxicos dos alumnos de secundaria que indicaba que o 31,4 % dos enquisados contactaron con descoñecidos a través da Internet, que un 9% se sentiron algunha vez ameazados ou humillados a través das redes sociais, mentres que nun 6,8% de casos foron eles os que ameazaron a outros. Pereira dixo que “para evitar a proliferación destes casos é preciso o compromiso de todos”. E esta é, afirmou, “a filosofía de iniciativas que a desenvolver a Xunta en colaboración cos colexios profesionais de enxeñeiros en informática e enxeñeiros técnicos en informática a través de sesións e charlas formativas como Navega con Rumbo ou o acordo asinado este ano co Centro de Seguridade en Internet Protégeles para realizar diferentes actuacións que fomenten o uso seguro e responsable da internet e accións formativas para os docentes”.
AMTEGA pecha a Xornada de Informática Xudicial salientando o labor de Galicia en renovación da Xustiza
Compartir Este Artigo
