
Segundo as probas realizadas por Samsung, coa nova tecnoloxía Wi-Fi conseguirían transmisións de datos de ata 4,6 Gbps (ou sexa, 575 Mbytes/segundo) o que multiplicaría por 5 as velocidades que teñen os dispositivos sen fíos actuais, o que fai máis doado que poidamos gozar de contidos en alta definición sen retardos. De feito, estas novas conexións reducirían moito a fenda entre as velocidades teóricas e a reais, de xeito que na práctica chegarían incluso a funcionar 10 veces máis rápido que as conexións Wi-Fi actuais.
Espérase que este novo tipo de Wi-Fi comece a explotarse o ano que vén, agardando Samsung aplicar esta tecnoloxía a produtos moi variados, que poden ir dende equipos de telecomunicacións ata trebellos audiovisuais e médicos, considerando que pode xogar un papel relevante en fogares conectados.
Samsung traballa nunha tecnoloxía Wi-Fi que funcionaría a 5 veces a velocidade actual
Compartir Este Artigo

