Está a circular pola Rede unha listaxe de credenciais de acceso ao servizo de almacenamento en liña Dropbox que corresponderían a 6.937.081 usuarios, provocando certa alarma ante a posible intrusión no popular servizo en liña, pero dende Dropbox chaman á tranquilidade e, aínda que se confirmou que algunha das combinacións de usuario e contrasinal son válidas, aseguran que os seus sistemas non foron vulnerados, senón que os datos publicados na Rede proviría de servizos de terceiros, no que pode lembrarnos ao que a semana pasada pasou con Snapchat, chamando á prudencia sobre os servizos a través dos que introducimos os nosos contrasinais.
Dende Dropbox tomaron medidas para detectar actividades sospeitosas, de xeito que reiniciarán os contrasinais das contas nas que detecten inicios de sesión sospeitosos, aproveitando a ocasión para recomendar aos usuarios que activen a verificación en 2 pasos na súa conta (para mellorar a seguridade).
Ao parecer os contrasinais filtrados non estarían asociados directamente a contas de Dropbox, pero existen casos coincidentes xa que moitos usuarios empregan o mesmo contrasinal en varios servizos, práctica que cada día resulta máis evidente que é moi insegura, xa que os atacantes tenden a comprobar os contrasinais en varios servizos, para poder así suplantar a nosa identidade ou realizar calquera outra práctica que pode resultar moi prexudicial para nós.
Polo momento non se coñece os servizos dos que proceden os contrasinais filtrados.
Fíltranse preto de 7 millóns de credenciais de acceso que supostamente pertencerían a Dropbox
Compartir Este Artigo

