
Organizadas pola Universidade de Vigo desde o ano 2004, as JAI pretenden ser un punto de encontro para os profesionais que, dunha maneira ou doutra, relaciónanse coas tecnoloxías propias deste sector. O encontro (a sexta edición) levarase a cabo en Vigo, xuntando unha vez máis á industria e á universidade arredor dos novos avances en automatización. O eido da enxeñaría atoparase reunido nesta cita bianual da man do Departamento de Enxeñaría de Sistemas e Automática da Escola de Enxeñería Industrial. O profesor Ignacio Armesto, coordinador das xornadas, apuntou os días pasados que se vai contar con salientables empresas como: ABB, Beckhoff, Bosch Rexroth, Harting, Kepware, Kuka, MatrikonOPC, Omron, Phoenix Contact, Rockwell Automation, Schneider Electric, Siemens, WEG ou Wonderware. De feito, explica que contan “con máis multinacionais ca nunca, malia a crise”.
Ao longo de cinco días, cada unha delas presentará os seus últimos avances na área da automatización industrial e afondaranse en temas de actualidade como “a eficiencia enerxética, a robótica cooperativa, a impresión 3D, as aplicacións de seguridade en máquinas ou as smart factories”. Armesto engadiu tamén que Universidade, empresas e institucións “seguen vendo nestas xornadas un piar formativo e informativo que axuda a relacionar o tecido industrial galego coas grandes marcas nun espazo común, así como un instrumento para coñecer as tendencias e innovacións neste sector industrial”.
Gradiant afondará nas JAI no potencial dos sistemas de posicionamento
Compartir Este Artigo
