Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os responsables de Farodevigo.es apostan polo modelo Freemium
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os responsables de Farodevigo.es apostan polo modelo Freemium

Redacción
Publicado: 15/10/2014
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

faro_de_vigo_web.jpgAlgúns medios póñense na Rede e aí acábase todo. Outros prefiren o camiño contrario, o de innovar e arriscar. O Faro de Vigo, medio de comunicación galego pertencente ao grupo Editorial Prensa Ibérica, semella querer situarse no segundo grupo, emporiso vén de ampliar a súa oferta informativa para todos os seus lectores ao tempo que introduce novos contidos para subscritores na súa edición dixital. Segundo informan fontes do xornal, “trátase dun paso importante na definición do negocio de Faro de Vigo na Rede”. A fórmula que se segue: o modelo Freemium, unha innovadora combinación entre dúas estratexias non tan antagónicas: a da información básica libre e a da información con extras para subscritores. Algo así como o Spotify do xornalismo.
O camiño non é novo, e así o certifica o propio medio galego, que sinala que se trata dunha senda aberta xa por outros xornais internacionais e nacionais. Entre outras cousas, consiste en introducir na web un modelo de cobro por contidos pero mantendo o acceso de balde a toda a oferta previa informativa e de servizos. Trátase pois dunha metodoloxía Freemium, que complementa o que xa había (que segue a ser gratuíto) con novos ingredientes (novos contidos de pago por subscrición que antes non era posible atopar na edición dixital).
En definitiva, engade o Faro, “a web segue a ser a mesma só que agora creouse unha nova sección chamada Subscritor dende onde poderemos acceder a todo este novo contido que ten un forte compoñente local e rexional e que conta cos maiores estándares de calidade do medio”. Ao fío disto, sinalar que tanto o subscritor da edición de papel como o novo subscritor dixital poden acceder de xeito ilimitado a estas novas informacións, reportaxes, entrevistas, exclusivas locais e rexionais e artigos de opinión dos principais columnistas galegos e estatais, “sen esquecer a incorporación dos principais suplementos temáticos e semanais que agora tamén disporán dun espazo na web”, engádese.
Por certo que para convertérmonos en subscritores só teremos que completar un “sinxelo rexistro” elixir logo o tipo de subscrición que mellor se afaga ás nosas necesidades. Unha destas modalidades é o contrato mensual de 3,99 euros, que inclúe a descarga da aplicación nativa para smartphone con Android ou iOS, renovada para a ocasión. Engadir que o Faro, a xeito de promoción, puxo en marcha unha oferta de lanzamento coa cal poderemos acceder de balde a todos os devanditos artigos exclusivos por un tempo limitado de dous meses.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?