
O proxecto está formado por un grupo de profesionais galegos, de diferentes ramas da enxeñaría, a física e a comunicación, que colaboran para ofrecer unha formación totalmente innovadora. A súa oferta formativa está dirixida a todos os públicos (estudantes, empresas e profesionais) sen límite de idade, e aborda temas como a impresión 3D, a electrónica, a robótica, a bio-construción, a ciencia ou a astronomía, que desenvolveranse en obradoiros e campamentos moi prácticos, nos que a aprendizaxe basearase en proxectos e no traballo en equipo, buscando a colaboración e potenciando o compañeirismo e as relacións entre pais e fillos.
Os fundadores de VermisLAB pretenden renovar constantemente a súa oferta formativa, buscando as últimas novidades a nivel mundial en tecnoloxías e metodoloxías aplicadas á educación e así satisfacer as inquedanzas dos seus alumnos.
VermisLAB achega unha innovadora oferta formativa sobre tecnoloxía, deseño e ciencia
Compartir Este Artigo

