A Xunta porá en marcha a primeiros de novembro en órganos xudiciais das provincias de A Coruña e Pontevedra o sistema Lexnet, que facilitará a avogados, procuradores e outros axentes xurídicos a presentación de demandas de xeito electrónico ou incorporar documentación a un procedemento. Esta nova funcionalidade implantarse de xeito progresivo en Ourense e Lugo.
Para dar a coñecer este proxecto compareceron hoxe na Audiencia Provincial de Pontevedra o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda; o presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Miguel Ángel Cadenas; a directora da AMTEGA, Mar Pereira; o maxistrado Manuel Almenar; o presidente da Audiencia, Francisco Javier Menéndez; e a secretaria do Goberno do TSXG, Concepción Otero. Neste acto de presentación salientouse que Galicia é unha das comunidades autónomas pioneiras na activación deste novo sistema que ata o momento permitía a Administración de Xustiza remitir notificacións electrónicas aos axentes xudiciais e coa activación desta nova funcionalidade os profesionais do eido xudicial poderán presentar tamén demandas e escritos de mero trámite nos xulgados, ou sexa, incorporar documentación a un procedemento en curso.
Esta medida contribúe á eliminación do papel nos trámites administrativos, á redución de tempos de procedemento, facilita a integración directa cos sistemas de xestión procesual e mellora a calidade da información mantendo todas as garantías xurídicas.
O proxecto Lexnet incorpora a presentación telemática de documentación xudicial
Compartir Este Artigo
