Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Everis e Coremain recibirán na Noite das Telecomunicacións o premio INEO
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Everis e Coremain recibirán na Noite das Telecomunicacións o premio INEO

Redacción
Publicado: 17/10/2014
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

Luis Álvarez Sestelo, director xeral de Coremain
Luis Álvarez Sestelo, director xeral de Coremain
O premio INEO ao produto ou servizo TIC máis innovador de 2014, outorgado polo Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (galardón que se vai entregar na XIX Gala das Telecomunicacións de Galicia, prevista para o vindeiro 24 de outubro no Gran Hotel da Toxa), foille concedido a UTE Everis-Coremain e o seu proxecto InnovaSIS, Sistema integral de xestión de pacientes, polo seu “alto grao de innovación, a especial potenciación da cooperación entre empresas e Administración, o aval de ter superado un concurso no competitivo marco da compra única innovadora e o seu enfoque da xestión hospitalaria dirixida ao paciente”. InnovaSIS é un proxecto de innovación que se enmarca no Plan Hospital2050 do Servizo Galego de Saúde e baséase no desenvolvemento dunha plataforma tecnolóxica que permitirá implantar nas organizacións sanitarias un novo modelo de servizos asistenciais centrado nos cidadáns.
Entre as súas particularidades máis salientables inclúese a de asegurar a continuidade asistencial, a súa eficiencia e máis o feito de garantir a implicación dos profesionais. Segundo informan a galega Coremain e Everis, esta tecnoloxía preséntase “como un sistema de referencia para a xestión integral da actividade asistencial, proporcionando cobertura a todos os niveis e modalidades asistenciais”. Ademais, engaden, intégrase de maneira natural (e en base a estándares) co resto de sistemas de información, aplicacións departamentais e equipamento tecnolóxico do servizo de saúde.
Segundo fan saber as dúas empresas, InnovaSIS ofrece cobertura tecnolóxica a tres dos principais retos cos que se enfrontan as organizacións sanitarias do século XXI. Por unha banda, o de permitir a xestión integral dos problemas de saúde e ofrecer un soporte aos procesos asistenciais integrados. Pola outra, potenciar e afianzar as unidades de xestión clínica multidisciplinares. Asemade, o terceiro reto é o de ser quen de asegurar o bo funcionamento das novas fórmulas organizativas de xestión integrada. O produto está dirixido a organizacións sanitarias que requiran unha solución avanzada para a xestión de pacientes, “con capacidade para incorporar de maneira flexible e sinxela innovacións organizativas e funcionais que garantan a continuidade asistencial”.
O premio INEO recoñece “o alto grao de innovación do produto”, “a especial potenciación da cooperación entre as empresas e a administración”, “o aval de superar un concurso no competitivo marco da compra pública innovadora” e o “seu enfoque de xestión da atención, centrada no paciente”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?