Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: EGATEL subministrará televisión interactiva xunto a empresa francesa Eutelsat
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

EGATEL subministrará televisión interactiva xunto a empresa francesa Eutelsat

Redacción
Publicado: 21/10/2014
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

Egatel_Spain_-_NAB_2011_Las_Vegas_NV_LR.jpgEGATEL, como empresa especializada no desenvolvemento e fabricación de produtos e sistemas de radiofrecuencia para o transporte ou difusión de sinais de televisión (analóxico e dixital) e sinais de radio dixital vén de anunciar que xunto a Eutelsat Communications -principal operador europeo de satélites e un dos tres maiores do mundo- fará de provedor de equipos para a televisión interactiva. Máis polo miúdo, a compañía -con sede no Parque Tecnolóxico de Galicia- participará no proxecto Direct to Home baseado en Smart LNB (servizos de televisión interactiva ou intelixente). Neste concepto de televisión á carta converxen tres tipos de industria: a espacial, a audiovisual e a de telecomunicacións.
O contrato de EGATEL coa empresa hólding de Eutelsat xa terá reflexo na cifra de negocio deste exercicio. Pola primeira fase, que acaba de finalizar e que consistiu no desenvolvemento de produto (I+D), a tecnolóxica galega asegurouse uns ingresos de medio millón de euros. Asemade, EGATEL fabricará equipos satelitais bidireccionais, con capacidade para transmitir o sinal ao satélite e para baixalo dende este ao receptor.
E a quen vai dirixido este servizo? Pois os clientes finais son os fogares e empresas con necesidades de interconexión sen dependencia das redes fixas ou móbiles terrestres. EGATEL accede a este potente segmento xunto ao líder Eutelsat Communications, que quere chegar co seu proxecto Direct to Home aos 109 países nos que opera. Os seus 37 satélites -con cobertura en Europa, Oriente Medio, África, Asia e gran parte de Norteamérica e Sudamérica- divulgan o sinal de 5700 canles de televisión (580 de alta definición) e de 1100 estacións de radio.
Cómpre dicir que para levar adiante este produto, EGATEL precisou da homologación do Goberno francés como tecnolóxica con actividade en I+D+i (o contrato con Eutelsat non lle impide manter a propiedade industrial en Galicia).
EGATEL prevé facturar este ano 7,5 millóns de euros, máis do dobre que en 2013 (3,6 millóns). O mercado nacional recupera presenza este ano grazas ás vendas do segundo semestre polos efectos do dividendo dixital, que impón un novo cambio de canles na TDT antes do 31 de decembro.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?