Rede Eléctrica (REE) vén de convocar para os días 17 a 21 de novembro unha macropoxa para adxudicar contratos de interrompibilidade, servizo que ofrecen algúns grandes consumidores eléctricos que consiste no compromiso de suspender ou reducir a súa actividade industrial en momentos nos que o sistema eléctrico se atopa saturado a cambio de recibir unha contraprestación económica anual. O proceso, que converterase no meirande concurso eléctrico celebrado ata agora en España, cun volume de 550 millóns de euros, está a crear grande expectación no sector eléctrico.
É a primeira vez que se organiza un operativa así para a interrompibilidade. Vaise organizar como a clásica lonxa dun mercado de abastos e REE externalizou a organización á empresa viguesa SAEC DATA, que, entre outras, automatizou lonxas históricas como a gaditana de Sanlúcar.

A viguesa SAEC DATA achegará a tecnoloxía para macropoxa de interrompibilidade de Rede Eléctica
Compartir Este Artigo
