
Lembrar que o grupo está formado por Elogia, axencia de mercadotecnia online, Moddity, axencia de desenvolvemento de aplicacións de comercio móbil, Ibrands, axencia de resposta directa, Mittum, plataforma de mercadotecnia e ecommerce, eMMa, ferramenta de aplicacións intelixentes, MOÕSE, software de xestión masiva de páxinas de destino e Mercadotecnia4eCommerce, medio de comunicación sobre comercio electrónico e mercadotecnia.
En palabras de Rubén Ferreiro, o nacemento da nova marca é “a evolución lóxica do grupo empresarial”. E engade: “Até hai uns anos só existía a axencia Elogia, polo que os primeiros novos proxectos, Ibrands e Mittum, mantivéronse baixo a esfera do que chamamos Elogia Group; agora, con VIKO, chégase á madurez do holding, distanciándoo da axencia e preparándonos para un modelo empresarial no que hoxe somos 7 e mañá poderiamos ser 8 ou 10 empresas”.
Os plans de futuro da nova marca, engade, pasan polo medre nos sectores nos que está presente e a internacionalización segmentada por tipo de proxecto. Na súa opinión, “os modelos de axencia como o de Elogia ou Ibrands, nos que amoreamos moito coñecemento e experiencia, teñen un enorme potencial en países en crecemento como México ou outras áreas de Latinoamérica”. De xeito paralelo, VIKO dispón de proxectos de software punteiros a nivel mundial como eMMa ou MOÕSE, “cuxo espallamento a curto prazo ten máis sentido en prazas de alto nivel competitivo como a Unión Europea ou os Estados Unidos”, engade Ferreiro.
VIKO bota a andar cun volume de negocio superior aos 10 millóns anuais
Compartir Este Artigo
