Os responsables de Beepbid, servizo de poxas de orixe galega, están a presentar estes días a nova versión final da web de seu, “unha plataforma dende a que facer aínda máis doado o proceso de achegar aos internautas os mellores produtos tecnolóxicos a través dos mellores descontos”, sinalan. A páxina en cuestión, dende a que tamén se poden adquirir artigos e trebellos do máis variado por medio da función compra xa, estivo estes meses en fase beta de desenvolvemento, engadindo novas funcións e asentando a súa actividade. E, sobre todo, engadindo novos produtos: dispositivos móbiles intelixentes, cursos online, cupóns desconto, e fornecendo marcas como Apple, Samsung, Sony, LG ou Go Pro.
Entre outras cousas, o servizo posto en marcha pola firma Geniups permítenos acadar descontos convidando ás nosas amizades en liña a participar no mesmo, amais de abrirnos as portas “a ofertas e grandes beneficios”. E todo, indican os responsables de Beepbid, “baixo as máximas garantías de seguridade e protección”. De feito, indican, os pagos realízanse dende unha pasarela “cen por cen segura”, procesando a compra dende a nosa tarxeta de crédito ou mediante PayPal, “facilitando o acceso a un proceso sempre protexido e onde os datos tŕatanse coa máis estrita confidencialidade”.
A día de hoxe, Beepbid xa entregou máis de dous milleiros de produtos aos seus usuarios. Boa parte deles fixéronse cos artigos dispoñibles través do servizo de poxas, que se achega a través dun modelo integral de balde (non hai que pagar por poxar), onde os artigos adoitan ter un prezo de saída de un euro. “A través de Beepbids”, informaron os creadores do servizo coincidindo coa súa posta en marcha, “os usuarios terán ao alcance da man unha chea de produtos como iPhones, iPads, móbiles de última xeración, tabletas, cámaras dixitais, televisións HD e LED, e todo a un prezo moi por debaixo en comparación con outras tendas de comercio electrónico como as de Apple, eBay ou Amazon”.
O servizo de poxas Beepbid lanza versión final da web de seu
Compartir Este Artigo
