Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: OSIMGA conclúe que a presenza da banda larga en fogares con nenos aumentou no último ano
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

OSIMGA conclúe que a presenza da banda larga en fogares con nenos aumentou no último ano

Redacción
Publicado: 27/10/2014
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

computador_neno.jpgEste domingo saían á luz os principais datos do estudo feito polo Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia (OSIMGA) sobre o estado de cousas das novas tecnoloxías na nosa terra en relación aos menores de idade e a xuventude en xeral (menores de idade e mozos e mozas como principais impulsores e divulgadores das novas tecnoloxías nos seus ámbitos). Falamos da investigación A mocidade e as TIC. Entre as moitas conclusións que se sacan desta análise cómpre salientar a seguinte: que os fogares nos que se convive con nenos en idade escolar contan cunha porcentaxe case 18 puntos porcentuais superior á media galega en contratación de banda larga, aumentando case 15 puntos porcentuais no último ano.
Así, o 83,2% dos fogares galegos con rapaces de 3 a 16 anos dispón de servizo de Internet de banda larga, fronte ao 59,8% dos domicilios sen nenos en 23,4 puntos porcentuais. A convivencia con nenos tamén inflúe de xeito positivo no uso de Internet nos últimos tres meses, engádese, acadando un 78,7% neste tipo de fogares, 18,8 puntos máis que aqueles nos que non conviven nenos en idade escolar. A metade dos mozos galegos conéctase á Rede máis de 5 horas semanais fronte ao 36,2% de persoas de entre 35 e 74 anos.
O uso da mensaxería instantánea, redes sociais, foros (85,5%), as descargas ou o uso de xogos, música e películas (56,8%) así como a procura de emprego (31,3%) a través da Rede salientan entre os servizos máis empregados polos mozos e con máis diferenza con respecto aos maiores.
En canto aos trámites coa Administración a través de Internet, os mozos superan aos maiores de 35 anos nas xestións universitarias, bibliotecas públicas e oficinas de emprego. Estes últimos empregan a Administración Electrónica, principalmente para xestións sanitarias e declaración da renda.
De falarmos dos chamados “hábitos dos nativos dixitais”, a partir do estudo Screening do uso problemático de Internet entre os adolescentes da comunidade galega (elaborado polo Valedor do Pobo), o horario de tarde é o preferido polos mozos galegos para conectarse a Internet. O 65,5% dos adolescentes galegos conéctanse a Internet entre as 16 e as 21 horas.
E que acontece co móbil? Pois é o dispositivo preferido para conectarse a Internet. Un 81,2% de adolescentes galegos elixe este dispositivo e 4 de cada 10 mozos faino dende o computador portátil, sendo o fogar o lugar preferido polos adolescentes galegos para navegar pola rede. Como curiosidade, o 27,1% dos adolescentes galegos obtivo o seu primeiro móbil aos 12 anos, confirmando así que os rapaces se inician no uso das tecnoloxías a unha idade cada vez máis temperá.
E as redes sociais? Un 93% dos adolescentes galegos/as está rexistrado en, cando menos, unha comunidade 2.0, acadando a porcentaxe máis alta os mozos que están rexistrados en tres ou máis redes sociais (68,8%). Tuenti é a rede social con máis adeptos entre a nosa mocidade (71,3% de rexistros), seguida por Twitter (65,1%) e Facebook (62,1%).
Dicir que o Whatsapp é a aplicación de mensaxería instantánea máis empregada polos adolescentes galegos.
Por último, e tirando do fío de estudo de OSIMGA (organismo adscrito á Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, AMTEGA) está unha das cuestións que máis preocupación xera na sociedade, a supervisión e os xeitos de control dos que dispoñen os pais para o acceso dos seus fillos/as a información e páxinas web. Máis da metade dos pais (51,1%) limitan e controlan as actuacións dos seus fillos na Rede, lixeiramente por riba do control exercido co teléfono móbil (48,1%).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?