Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Repsol e a UDC xuntaron en Ferrol a máis de oitenta investigadores das tres universidades galegas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Repsol e a UDC xuntaron en Ferrol a máis de oitenta investigadores das tres universidades galegas

Redacción
Publicado: 27/10/2014
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

Aula_Repsol_UDC_Ferrol.jpgA Fundación e Refinaría Repsol e a Universidade da Coruña organizaron o pasado venres, no Campus de Ferrol, a primeira edición dunha xornada e encontro a tres bandas: por unha banda a dos nosos centros de investigación e tecnolóxicos amosando os seus últimos achados (susceptibles de achegaren transferencia tecnolóxica para as empresas), por outra banda as nosas compañías interesadas en tirar proveito do coñecemento xerado nos centros e, para rematar, a nosa comunidade de estudantes, futuros investigadores ou integrantes do tecido produtivo innovador. A cita Workshop Repsol UDC, na que participou o CITIC (entre outros), reuniu a máis de 80 investigadores das tres universidades galegas para dar a coñecer os seus últimos proxectos no ámbito da innovación.
Houbo proxectos dos seguintes ámbitos: biocombustibles, enerxía, eficiencia enerxética, novas tecnoloxías da información, materiais, matemática, química ou tecnoloxías ambientais, entre outros eidos.
O obxectivo desta xornada, en palabras da Fundación, foi o de “espertar nas empresas o interese polas universidades, non só como unidade formativa, senón tamén como apoio para crear apostas innovadoras que aumenten a súa presenza nos mercados, xeren máis emprego e respondan ás novas necesidades sociais”.
Ademais de Repsol acudiron preto de corenta empresas e centros tecnolóxicos, entre as que salientaron Alcoa, Asime, Cristaleira Pontevedresa, CITIC, CyE, Emetel, Estrella Galicia, Facet Ibérica, Foresa, Fridama, IBM, Indra, Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG), Magallenes Renovables, Navantia, Neodyn, Pérez Torres, Porto Muíños, Proyfe e Porto de Ferrol. Todos eles puideron visitar as seccións instaladas no Campus, onde os investigadores explicaron aos empresarios e asistentes os seus proxectos.
O Workshop Repsol UDC 2014 tamén contou coa presenza de representantes da Axencia Galega de Innovación (GAIN), e do Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico (CDTI) do Ministerio de Economía e Competitividade. Estes organismos explicaron as liñas de axudas para a innovación que se convocarán nos seus departamentos e ás que poderán optar empresas e investigadores.
Clausuraron a xornada o vicepresidente de Repsol, Cesar Gallo, e o reitor da UDC, Xosé Luís Armesto. Pola mañá o Campus recibiu a visita de máis de 400 alumnos de Secundaria e Bacharelato. Todos eles puideron coñecer de primeira man “a actualidade innovadora que se realiza nas universidades aproveitando a presenza dos investigadores”, sinala a organización do evento.
Entre os proxectos presentados podemos destacar, no ámbito das novas tecnoloxías, unha aplicación web de eficiencia enerxética a cargo de PROTERM-MODES, da Universidade da Coruña, o enchufe intelixente para evitar incendios e electrocucións, do CITIC, ou unha achega para dar forma a tecnoloxías de simulación para resolver problemas de transporte e loxística, a cargo do Grupo Integrado de Enxeñaría da Universidade da Coruña.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?