Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Gradiant aclara dúbidas sobre os porqués de termos que resintonizar os aparellos de TV
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Gradiant aclara dúbidas sobre os porqués de termos que resintonizar os aparellos de TV

Redacción
Publicado: 28/10/2014
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

TELEV.jpgCatro anos despois da chegada e despregamento da Televisión Dixital Terrestre (TDT) e dos inevitables procesos de adaptación á nova tecnoloxía, os fogares galegos veñen de pasar por un novo proceso de adaptación. Falamos do Dividendo Dixital e da obrigada resintonización dos televisores que houbo que levar a cabo o pasado domingo. O Dividendo Dixital non é outra cousa que a liberación en toda España da banda de 800 Mhz, ata agora ocupada polas canles de televisión de TDT, para que estea dispoñible para o despregamento da cuarta xeración de telefonía móbil a partir xaneiro de 2015. Segundo nos contan dende o centro tecnolóxico Gradiant, este novo proceso de readaptación achegou un bo número de incógnitas. Por exemplo, os porqués de termos que resintonizar os aparellos de TDT logo de só catro anos convivindo con eles.
En palabras dos investigadores do centro galego, isto débese a que o espazo radioeléctrico non é infinito, e a televisión dixital ten que compartilo con outros servizos, como as redes de telefonía móbil (LTE). Segundo apuntan, nada mellor para entendérmolo que imaxinar unha partida de Tetris que comezamos deixando que as pezas caian afastadas entre si e sen que as vaiamos encaixando. “Segundo avance o xogo”, engaden, “teremos que ir encaixando as novas pezas que descendan como podamos, para non deixar que cheguen ata arriba, pero chegará un intre no que o espazo dispoñible na pantalla do xogo se esgote, porque xa non nos caberán máis pezas”. A solución é comezar outra partida na que si que vaiamos facendo encaixar dende o comezo os bloques e sen deixar ocos, “para maximizar o espazo dispoñible para as novos elementos que nos van caendo”.
Respecto ao intre elixido para afrontar o Dividendo, este outono de 2014, dende o centro galego apuntan a que isto débese en parte a que dende a Unión Europea déuselle a España ata o 31 de decembro para reordenar o seu espectro. Asemade, faise coincidir co cambio horario de inverno para poder darlles ás canles de televisión unha hora extra de madrugada para levar a cabo o cambio.
“Ademais”, engádese, “recolocar os servizos 4G vai permitir despregar este tipo de conexións móbiles por todo o territorio español”.
Gradiant tamén informa que non se albisca nin a breve, nin a medio nin a longo prazo un novo proceso de resintonización dos nosos televisores. Por outra banda, advirte de que é probable que ao longo das vindeiras semanas se dean situacións de interferencias coas redes 4G, “aínda que desde o Ministerio de Industria afirman que se darán poucos casos”, aclaran. E engade Gradiant. “En todo caso, estas interferencias terían unha solución bastante sinxela: instalar un filtro na antena colectiva acabaría cos problemas”. Ademais, por lei serían as empresas de telefonía móbil as que terían que asumir o custo destes filtros e da súa instalación.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?