Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Cámara de Comercio de Santiago informa este luns do potencial de diversificación e alcance xeográfico do ecommerce
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Cámara de Comercio de Santiago informa este luns do potencial de diversificación e alcance xeográfico do ecommerce

Redacción
Publicado: 31/10/2014
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

ecommerce-9.jpgA Cámara de Comercio de Santiago de Compostela vén de anunciar a celebración, o vindeiro luns 3 de novembro, dun obradoiro de balde de iniciación ao comercio electrónico e as redes sociais. A cita será no salón de actos da entidade a partir das 20:30 horas. O obradoiro forma parte dun programa máis amplo da entidade cameral, que centra esforzos en divulgar as utilidades das TIC para aumentar as vendas e a competitividade. Na actividade do luns analizarase o valor da posición web, a publicidade na Rede, a loxística de operacións en contornos dixitais, os aspectos legais de Internet e as cuestións relacionadas coa seguridade nas transaccións económicas.
O obradoiro estará impartido polo consultor de OBZ Consulting Fidel Martín, especializado en procesos estratéxicos e social media. Segundo o experto, o comercio electrónico é unha canle de comercialización moi importante na actualidade debido sobre todo ao espallamento do acceso a Internet, que permite ao cidadán poder mercar produtos ou servizos desde un smartphone. E engade: “Trátase dunha canle de venda que diversifica o público e pode chegar a lugares que non se cubrirían cunha tenda física, convertendo os clientes locais en globais”.
No apartado de redes sociais Fidel Martín centrarase no funcionamento de Facebook e Twitter. Para Martín, a primeira das dúas redes é “o escaparate perfecto para que un comercio, con boa estratexia de venda, poida chegar a un público que só se move nesta contorna e que non se informa a través dos medios offline que usan a mercadotecnia e publicidade tradicionais”. De Twitter, o experto de OBZ Consulting salienta que é a canle de atención ao cliente que está a adquirir un maior desenvolvemento. “As redes sociais proporcionan aos comercios tráfico cara ao seu sitio web, que no fondo é o que nos interesa”, engade.
Este obradoiro forma parte do Plan de apoio ao sector comercial galego 2014, un programa financiado pola Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?