Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A rede TELGalicia traballa en levar aos móbiles e tabletas a súa aplicación docente 2.0
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A rede TELGalicia traballa en levar aos móbiles e tabletas a súa aplicación docente 2.0

Redacción
Publicado: 31/10/2014
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

uvigo_rede_telgalicia.jpgBoa parte dos integrantes dos dez grupos de investigación que conforman a rede TELGalicia reuníronse este xoves no Campus de Vigo. O motivo? Basicamente estudar a viabilidade dun mestrado entre universidades sobre o emprego das novas tecnoloxías no ensino, amais de pórse ao día dos avances recentes e debullar as estratexias vindeiras. Lembrar que a dita rede é unha iniciativa posta en marcha hai dous anos co obxectivo xeral de dar forma a solucións tecnolóxico-dixitais que fortalezan e modernicen o ensino primario e secundario. Acubilla a máis de 120 investigadores. Entre os seus logros cóntase Edu-AREA, aplicación web para fomentar (en positivo) o emprego de tecnoloxías propias das redes sociais no día a día das clases. Informar que a rde vén de ampliarse con dous novos equipos de traballo, un de Gradiant e outro da Universidade da Coruña.
A rede está integrada por investigadores de toda Galicia e conta coa colaboración doutros oito grupos de investigación do resto de España e de Europa. Entre outras novidades dadas a coñecer, os membros da comunidade están a ultimar unha versión de Edu-AREA para Android e outra para iOS coa finalidade de que os docentes “poidan empregar as súas tabletas ou teléfonos intelixentes para facer os seus propios diarios de clase”. E engadiron: “Con este sistema poden ir recompilando información, vídeos e fotos do que está pasando na clase e facelo con todas as vantaxes que dan estas tecnoloxías, pois hai que ter en conta que a información queda en liña e, despois, dende a súa casa poden velo no ordenador, facer cambios ou introducir aquilo que necesitan”.
Durante a xornada contouse tamén coa participación da subdirectora da Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre, María José Arrojo, que tivo a oportunidade de presentar aos participantes na reunión a Plataforma Proxecta, iniciativa posta en marcha de xeito conxunto entre a súa fundación e a de Amancio Ortega e dirixida a axudar a que as mestras e mestres se formen en metodoloxías innovadoras que lles faciliten o seu labor docente nas aulas, para que o seu alumnado “atenda, entenda e aprenda non só contidos, senón tamén competencias para unha contorna analóxica e dixital”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?