Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: As candidaturas aos premios de AJE-Vigo fan gala de firmes alicerces tecnolóxicos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

As candidaturas aos premios de AJE-Vigo fan gala de firmes alicerces tecnolóxicos

Redacción
Publicado: 31/10/2014
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

aje_novenos_premios.jpgComo era de agardar, hai moito compoñente TIC na novena edición do Premio Novo Emprendedor e Novo Empresario que convoca a asociación AJE-Vigo. Segundo apunta a entidade, presentáronse candidaturas que van desde a elaboración e cría de produtos tradicionais ata “proxectos cun marcado compoñente tecnolóxico, pasando por empresas de servizos ou orixinais propostas en restauración”. Á modalidade Mozo Emprendedor foron once os candidatos presentados, e a Novo Empresario, catorce proxectos. Segundo apunta AJE-Vigo, estes premios son un recoñecemento público ao espírito empresarial da nosa mocidade, un espírito que redunda ante todo en mellorar a nosa sociedade.
A convocatoria, ademais das dúas categorías principais, o 9º Premio Novo Emprendedor e o 9º Premio Novo Empresario, conta con tres accésit que valorarán aqueles proxectos que salienten pola súa innovación, a súa calidade ou por destacar en RSE (Responsabilidade Social Empresarial). AJE-Vigo entregará os ditos recoñecementos o vindeiro 6 de novembro nun evento que se celebrará no Hotel Cidade de Vigo.
O Premio Novo Emprendedor inclúe un máster en estratexia dixital, mercadotecnia online e comunicación 2.0, achegado por IFFE Business School. O Premio Novo Empresario achegará 2.500 euros (a da man de Abanca) á gañadora ou gañador.
Os candidatos do Premio Novo Emprendedor son Adega do Vimbio, BlacHouse Entertainment, Ciclos Boyer, EcoNene (plataforma en liña de venda de roupa infantil a través de mundoeconene.com), Galo Celta, Más que Guitarra (academia de música con simulación de concertos e vídeos titoriais a través da súa web), Monet Tecnoloxía e Innovación S.L (dedicada ao desenvolvemento de novos produtos e servizos tecnolóxicos para o sector vitivinícola), Multibreves.com (plataforma web que traslada un anuncio clasificado ás 100 mellores páxinas de compravenda de España), Nisventex, Newmatic e The Othilio Bar.
Polo que respecta aos candidatos ao Premio Novo Empresario, son os seguintes: Buo Arquitectura, Byfer, Clínica Dental Romeo, Conservas Chanquete, Escapadas Rías Baixas, Forgal, Iberforja, Kemegal Químicos, Koolbrand (empresa de publicidade e consultoría de mercadotecnia), Lancetalent (unha plataforma en liña de traballo independente para facilitar a posta en marcha de pequenos negocios ou startups), No llores patito (tenda en liña de produtos para bebés e nenos), Océano Consultores, Óptima Cleaning & Healthcare e o restaurante Ruxe-Ruxe.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?