Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: AtlantTIC deseña tecnoloxías para facer máis eficiente o uso do espectro radioeléctrico
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

AtlantTIC deseña tecnoloxías para facer máis eficiente o uso do espectro radioeléctrico

Redacción
Publicado: 31/10/2014
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

espectro_radioelectrico.jpgAproveitar de xeito óptimo o espectro radioeléctrico segue a ser unha materia pendente. E máis a medida que medra a demanda para acadar máis prestacións dos servizos de comunicación sen fíos. O centro de investigación AtlantTIC, da Universidade de Vigo, está a traballar no desenvolvemento de recursos para explotar o dito espectro do xeito máis racional e efectivo posible, en primeiro lugar apostando polas tecnoloxías de radio cognitiva, que segundo apuntan os investigadores galegos son quen de permitir a transmisión sobre bandas de frecuencia asignadas a outros servizos, os servizos primarios, cando estes non as están a empregar.
Para lograr isto, informa AtlantTIC, é preciso como primeiro paso detectar a presenza ou ausencia dos usuarios primarios para despois levar a cabo a transmisión secundaria tirando proveito do espectro non utilizado polos primeiros e sen provocar interferencias. Esta investigación está a levarse a cabo polo Grupo de Procesado de Sinal en Comunicacións (GPSC) de AtlantTIC, que xa publicou documentación ao respecto nun número especial da revista IEEE Journal on Emerging and Selected Topics in Circuits and Systems.
Segundo engaden fontes do centro vigués, os esquemas de transmisión multiportadora, máis polo miúdo o sistema OFDM (Multiplexación por División de Frecuencias Ortogonais), afanse de xeito natural a este tipo de transmisións. De feito, explican, “OFDM divide o ancho de banda total de transmisión cognitiva en pequenas canles secundarias, de maneira que apagando aquelas outras canles secundarias de frecuencias próximas á transmisión do primario, redúcese a interferencia”.
Este proceso contribúe á eficiencia pero non a resolve totalmente. Para isto, os investigadores galegos están a botar man de sistemas como os de Cancelación Activa de Interferencia (CAI), nos que algunhas subcanles adícanse a cancelar a interferencia sobre o primario, non á transmisión de datos. “Desta maneira obtéñense melloras en eficiencia significativas”, explícase.
Con todo, o que de verdade achega o punto de eficiencia definitivo é o desenvolvemento dun novo esquema de CAI que posibilita trasladar a meirande parte do custo de computación á etapa de deseño, unha etapa fóra de liña. “Isto”, informan dende AtlantTIC, “é moi axeitado para un sistema de moi baixo custe de integración e aplicación, sen perda nas prestacións”. Ademais, o enfoque de deseño offline posibilita igualmente optimizar a elección das mellores subcanles para empregar a cancelación, cousa que fornece melloras moi significativas nas prestacións.
Lembrar que este traballo insírese na liña de investigación de comunicacións sen fíos do proxecto Tactica, en concreto nas investigacións do GPSC en radio cognitiva.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?