Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Convocado un certame para obtermos a mellor fotografía de Caión co noso móbil
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Convocado un certame para obtermos a mellor fotografía de Caión co noso móbil

Redacción
Publicado: 31/10/2014
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

Publi_concurso.jpgMar de Caión e o Concello de Laracha están a organizar no Facebook un concurso de fotografía feita con dispositivos móbiles. O certame, que se insire na segunda fase do proxecto financiado con fondos europeos Mar de Caión, ten como obxectivo dar a coñecer e impulsar os recursos paisaxísticos, turísticos, etnográficos, sociais e económicos da contorna da vila costeira de Caión. O concurso desenvolverase ata o 9 de novembro. A autora ou autor da fotografía gañadora gozará dun xantar ou cea nun local da Rede de Hostaleiros Mar de Caión.
A ferramenta escollida para a celebración deste concurso é a rede social Facebook, na que Mar de Caión dispón de máis de 600 seareiros. Segundo informan os responsables da iniciativa, co fin de aumentar esta comunidade e afianzar a xa existente, para participar no concurso é preciso ser fan da páxina. Logo, unha vez que nos inscribamos deste xeito, deberemos subir nos muros do sitio no Facebook unha ou varias fotografías de calquera recanto de Caión e a súa contorna que estean vencelladas cos valores turísticos, naturais, socioculturais e medioambientais do concello de Laracha e etiquetalas co elemento #MardeCaion. Outra condición fundamental para optar ao premio é que as fotografías estean realizadas cunha cámara de dispositivo móbil (teléfono ou tableta), ademais de ser propias, actuais ou non, orixinais e non premiadas anteriormente.
Dende a web Mar de Caión crearase un álbum con estas imaxes para que os seareiros voten a súa favorita. A imaxe que máis votos reciba gañará un xantar ou cea para dous persoas nun local da Rede de Hostaleiros Mar de Caión.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?