Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O profesor da UDC Alberto Varela, premio Gradiant á Mellor Tese aplicada ao sector TIC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O profesor da UDC Alberto Varela, premio Gradiant á Mellor Tese aplicada ao sector TIC

Redacción
Publicado: 31/10/2014
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

Alberto_Varela_recibe_Premio_Gradiant.jpgEntre os profesionais recoñecidos na pasada edición da Noite Galega das Telecomunicacións (convocada pola AETG-COETG) atópase Alberto Varela García, investigador da Escola de Camiños da Universidade da Coruña, profesor de Enxeñaría Cartográfica e autor do traballo Análise xeoespacial para a caracterización funcional das infraestruturas viarias en modelos de accesibilidade territorial utilizando sistemas de información xeográfica, que precisamente lle valeu na dita convocatoria o premio Gradiant á Mellor Tese aplicada ao sector das TIC. Segundo lembra estes días a UDC, o xurado valorou como razóns determinantes desta distinción “o seu potencial xerador de avances na enxeñaría civil mediante a aplicación das TIC”.
Ademais, engade a Universidade, tívose moi en conta a proposta do traballo para “un mellor aproveitamento das infraestruturas viarias, amais da súa contribución á xeración de novas patentes e iniciativas empresariais”.
Como lembraremos, este galardón e todos os que complementan as listaxe dos Premios Galicia das Telecomunicacións e da Sociedade da Información 2014 foron entregados no transcurso da XIX Noite Galega das Telecomunicacións.
O galardón está dotado con 2.000 euros. Grazas ao método que propón a tese de Varela, informou o centro tecnolóxico que dá nome e impulsa este galardón en concreto (Gradiant), é posible “asignar múltiples parámetros a cada sección do viario, procedentes de distintas fontes de datos a través de diferentes tecnoloxías, e tratalos de xeito conveniente para xerar nova información a partir deles”. Asemade, permite levar cabo simplificacións xeométricas dos datos establecendo treitos de xeito telemático e segundo os aspectos que se precisen, sendo o obxectivo disto acadar un manexo máis doado da información sobre os SIX (Sistemas de Información Xeográfica) e executar sobre ela variadas técnicas de análise”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?