Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CPETIG asina un acordo coa Universitat Oberta para facilitar o recoñecemento da experiencia profesional
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CPETIG asina un acordo coa Universitat Oberta para facilitar o recoñecemento da experiencia profesional

Redacción
Publicado: 03/11/2014
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

cpetig_cv.jpgO Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica Informática de Galicia (CPETIG) vén de asinar un acordo de colaboración coa Universitat Oberta de Catalunya (UOC) para o recoñecemento académico da experiencia profesional na área da Enxeñería Técnica Informática avalada polo CPETIG a través do seu servizo CEPRAL. Este, como lembraremos, é unha ferramenta que permite aos profesionais solicitar ao Colexio un certificado da experiencia profesional nas áreas propias da Enxeñaría Técnica Informática. “Cun único documento, podemos acreditar ante terceiros a nosa traxectoria e bagaxe laboral de maneira fidedigna, co respaldo dunha institución coma o CPETIG”, sinala a entidade galega que preside Marcos Mata.
Volvendo ao convenio, dicir que posibilitará que os estudantes que conten cun certificado CEPRAL do CPETIG poidan convalidar esa experiencia por créditos para as titulacións de Informática que cursen na universidade a distancia. A universidade catalá ofrece aos alumnos o Recoñecemento Académico da Experiencia Profesional (RAEP) en forma de créditos para a obtención dos seus títulos oficiais dende 2012. “Con este convenio”, sinalan fontes do Colexio galego, “o CPETIG dá un paso máis no recoñecemento das competencias profesionais dos técnicos, fosen estas adquiridas grazas á súa formación académica ou co traballo diario”. En opinión da entidade que preside marcos Mata, por mor da xuventude da disciplina da enxeñaría e da gran demanda de profesionais, “un elevado número destes non dispoñen da titulación pero si dos coñecementos precisos para desempeñar a súa profesión”.
En liñas xerais, o sistema CEPRAL implantouse na nosa terra da man do CPETIG para corrixir unhas eivas ben concretas: as serias dificultades que atopan no seu camiño boa parte dos nosos profesionais para demostrar e amosar as súas experiencias profesionais de xeito claro e preciso. Co dito sistema, permítese que cun único documento poidan acreditar ante terceiros a súa experiencia profesional de maneira fidedigna.
O Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia (CPETIG) é o primeiro organismo da comunidade galega que ofrece a certificación da experiencia profesional nas actividades propias da enxeñaría técnica informática mediante o servizo CEPRAL (Certificación da Experiencia Profesional para Recoñecementos Académicos e Laborais).
A iniciativa desenvolveuse previamente xa polo COETIC (Collegi d’’Enginyeries Tècniques en Informàtica de Catalunya). Con ela, o CPETIG tamén tenta facer visibles as capacidades dos nosos profesionais e, sobre todo, abrir oportunidades de desenvolvemento profesional.
Igualmente, o CPETIG (que ten entre as súas funcións fundamentais o deber de velar pola ética e a dignidade profesional), busca con esta iniciativa contribuír á ordenación do exercicio das profesións do seu ámbito e facilitar o acceso dos traballadores do sector da informática a melloras profesionais e beneficios académicos. Lembrar que ata o de agora, a única maneira de reflectir a experiencia dos profesionais que desenvolven a súa actividade no sector da informática é mediante a súa incorporación no currículo de xeito autodeclarativo, o que xera dificultades ás empresas para poder valorala de maneira axeitada.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?