Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O software galego eHabilis Connect permite xestionar as accións formativas asignadas polo SEPE
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O software galego eHabilis Connect permite xestionar as accións formativas asignadas polo SEPE

Redacción
Publicado: 03/11/2014
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

eHabilis_connect.jpgMedra a familia eHabilis, a plataforma galega de e-learning na nube, a día de hoxe unha das primeiras contornas de aprendizaxe social e colaborativo do mercado. Segundo nos contan os responsables da plataforma, xa está dispoñible un novo produto para xestionar as accións formativas que asigna o Servizo Público de Emprego a academias ou centos de formación. Falamos de eHabilis Connect, un software que lles permite a estes espazos docentes ter ben visibles as actividades do dito servizo (SEPE) con vistas á obtención de certificados de profesionalidade.
En palabras de Brais Martínez, xefe de produto de eHabilis, estamos ante un servizo que nace co obxectivo de cubrir as necesidades detectadas nos centros de formación por mor da publicación do Real Decreto 189/2013, de 15 de marzo e a Orde Ministerial ESS/1897/2013, de 10 de outubro, nos cales quedan reflectidos os requisitos esixidos pola SEPE ás plataformas de teleformación destinadas a desenvolver accións formativas para a obtención de certificados de profesionalidade”. Segundo esta lei, desde 2014 os centros que leven a cabo este tipo de iniciativas docentes “deberán contar cun software que lles permita realizar a xestión das accións formativas e ao mesmo tempo permitir un seguimento automatizado por parte do SEPE”. Neste senso, eHabilis Connect preséntase como “a primeira aplicación específica que conecta de xeito automático os principais acubillos de teleformación, como eHabilis, Moodle, Dokeos ou Claroline, con esta entidade en cuestión”.
Xa a un nivel máis concreto, eHabilis posibilita ás academias e e os centros xestionar “de maneira automática e centralizada todo o que leven a cabo en materia de obtención de certificados de profesionalidade”. A ferramenta rexistra accións formativas, titores, especialidades ou alumnos, e todo co obxectivo de xerar paquetes de datos consultables ao momento e do xeito máis doado e accesible por parte do Servizo Público de Emprego.
Ademais, pon a disposición dos centros un sistema de alertas sobre a formación e a súa validación polo SEPE e, tamén, un servizo de soporte con canle propia para canalizar dúbidas, recibir asesoramento e informar da nova normativa que publique o SEPE. Por outra banda, achégase firmemente asentada na nube (non precisa instalación e garante ao mesmo tempo a seguridade dos datos, “co fin de permitir que o centro se despreocupe de cuestións técnicas para centrarse na formación”, sinala Brais Martínez).
A plataforma eHabilis Connect foi desenvolvida por Sdweb – Innovative Digital Solutions, a mesma factoría tecnolóxica que se encarga de deseñar comercializar a plataforma de aprendizaxe social eHabilis. Esta orixe común, engade Brais Martínez, fai que Connect se integre “á perfección con esta plataforma, pero non se limita só a isto senón que vai máis aló, ampliando o seu radio de acción a outras plataformas como Moodel, Dokeos ou Claroline”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?