Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A plataforma de moda Trendon.me instálase na Tecnópole ao longo dun ano
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A plataforma de moda Trendon.me instálase na Tecnópole ao longo dun ano

Redacción
Publicado: 11/11/2014
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

talentum_trendon_me_10446196_10153264104214056_8012192349290389309_o.jpgTal e como avanzamos a pasada primavera con motivo do paso máis que memorable de Trendon.me por Startup Pirates Ourense, a plataforma global de moda posta en marcha polas galegas Nuria Iglesias e Ángela González, trasladouse finalmente a un dos niños da preincubadora universitaria do Campus de Ourense, Piuvi-Ou Tecnópole, onde estará durante todo un ano. Nesta web atópase “un espazo para adictos ás últimas tendencias, blogueiros, deseñadores emerxentes e tendas, unha especie de ecosistema onde todos eles poidan comunicarse e vender os seus produtos”.

Nuria Iglesias presentando Trendon.me na pasada edición de Talentum Startups Galicia
Nuria Iglesias presentando Trendon.me na pasada edición de Talentum Startups Galicia
Trendon.me é unha rede social centrada única e exclusivamente no mundo da moda. Segundo informa a creadora da páxina, a idea comezou a tomar forma e realidade grazas a unha bolsa do programa Talentum Startups de Telefónica, co que se trata de impulsar o talento innovador entre mozos e mozas amantes das novas tecnoloxías e coa que esta enxeñeira chegou a optar á final nacional, premiada con apoio económico e formativo para desenvolver as súas ideas empresariais.
Coa rede social disposta, o seguinte paso é como tirar proveito económico desta proposta. A resposta está en incluír ás tendas: “En Ourense hai unha paixón por mercar nas tendas de barrio, así que baixei á rúa a ver que produtos diferentes ofrecían e que necesidades tiñan. Moitas vendían a través das redes sociais porque manter unha web non é economicamente viable e moitas veces non dá o alcance que se pretende”, explica Iglesias, quen decidiu achegar ás tendas un espazo dentro da plataforma, onde “teñen un perfil propio no que incorporar os seus produtos, ademais de poder vender directamente dende a nosa tenda en liña”.
Outra das faces de Trendon.me é que conta cun espazo para os blogueiros, os “promotores por excelencia”, nos que os profesionais da moda poden “compartir estilos e servir de transmisor da trastenda á xente da rúa”; por outra, os novos deseñadores, que “queren colocar as súas creacións pero moitas veces non teñen medios económicos para facelo, as páxinas web esíxenlles unhas marxes moi grandes…”.
Asemade, esta plataforma serve para interconectar servizos, poñer a todos os actores en contacto e ofrecerlles un “beneficio mutuo” e conta coa axuda dun asesor tecnolóxico, Miguel Gesteiro, que está a desenvolver a web final de Trendon.me.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?