
Unha das principais vantaxes que pon en xogo este recurso, sinalan os seus creadores, é sen dúbida a comodidade que pon en xogo. Con todo, cómpre ter en conta tamén os factores eficiencia e rapidez: os procesos electorais feitos con Agora Voting implican recontos inmediatos. A agrupación Podemos foi quen de albiscar estas vantaxes e usou a versión máis nova da ferramenta (a terceira) para, por exemplo, dar forma ao modelo de partido máis acaido para os seus integrantes.
Ademais, en consonancia co que dixemos ao principio deste artigo, trátase de software libre, o que dalgunha maneira pon un elemento de coherencia a todo o conxunto. Estamos pois ante un recurso en constate desenvolvemento e con moitas frontes abertas, vivo, polo que os seus responsables xa informaron á comunidade en liña que precisan financiamento para acadar (tamén) un modelo máis acaido para os usuarios, sobre todo en materia de seguridade e aplicabilidade a múltiples contextos, situacións, idiomas e países. Algo, en definitiva, universal. Con este fin, puxeron en marcha unha campaña de crowdfunding que, ao seu xuízo, pode ser un xeito claro de “darlle visibilidade á necesidade de facer un sistema de votación coas máximas medidas de seguridade posibles”. En termos concretos, búscase na plataforma de mecenado Indiegogo un apoio colectivo de 25.000 euros. Os responsables da ferramenta, a maiores, queren incluír melloras de uso a partir da bagaxe informativa xerada a través de experiencias como a de Podemos, ou sexa a partir do feedback achegado polos usuarios. Así, o “Agora Voting ideal” deberá soportar diferentes sistemas de voto “máis aló do que pediu a xente ata o de agora”. Asemade, é precisa unha interface de administración.
Os responsables da ferramenta de votación que usa Podemos queren levala ás eleccións de 2015
Compartir Este Artigo
