
O Master In Digital Business and Languages componse por módulos interpretados e impartidos por profesores cunha ampla experiencia profesional en cadansúa área, de aí que procurarán expor os seus coñecementos dun xeito eminentemente práctico e próximo ao día a día empresarial.
Este innovador Master principiará o 24 de novembro no Centro de Formación da Cámara de Comercio de A Coruña, desenvolverase de luns a xoves de 16:00 a 21:00 horas, e prolongarase ata o 18 de xuño de 2015. Contará con 15 prazas para o Master completo e 5 prazas complementarias por módulo, pois é posible matricularse no programa completo ou a versións reducidas.
Este curso de posgrao está dirixido a emprendedores, xerentes de PEME ou directivos que queiran orientar os seus negocios ao ámbito dixital, a profesionais do marketing ou da comunicación, a titulados que queiran fornecer os seus currículos con competencias propias da economía actual e, en xeral, a profesionais que necesiten reciclarse para poder subir ao tren da revolución da Internet.
Entre os obxectivos do Master In Digital Business and Languages figuran a adquisición dunha visión estratéxica do conxunto das áreas da Internet, acadar os coñecementos técnicos para poder abordar de xeito autónomo proxectos de comercio electrónico, conseguir un nivel excelente de inglés e básico de chinés, coñecer as técnicas de marketing en liña, identificar as tecnoloxías que poderían ser de aplicación para a nosa empresa ou proxecto e adquirir os coñecementos necesarios para poder crear unha empresa de base tecnolóxica.
Os participantes no Master terán a opción de realizar prácticas en empresas cunha duración mínima de 3 meses, encargándose o equipo de Innova Idiomas en facilitar a incorporación nunha das súas empresas colaboradoras.
A galega Innova Idiomas promove un posgrao que combina TIC, management e idiomas
Compartir Este Artigo

