Dennis M. Ritchie, Kenneth Lane Thompson, Douglas Engelbart, Len Max Adleman, Ron Linn Rivest, Adi Shamir, Vinton G. Cerf e Robert Elliot Kahn son algúns dos afortunados en ver como o seu traballo no eido da computación se vía recoñecido cun Premio A.M. Turing, considerado como o Nobel da Informática, pero cunhas dotacións económicas moito máis modestas pola carencia de grandes patrocinadores, o que finalmente vai mudar grazas a Google, de xeito que este premio pasará dunha dotación de 250.000 dólares ao millón de dólares, xa que Google pasa de ser co-patrocinador xunto con Intel a facerse cargo integramente do financiamento destes galardóns.
Aínda que o premio de 1 millón de dólares non será efectivo ata o ano que vén, esperan que este factor axude a dar relevancia a este recoñecemento, e tamén anime a novos talentos a dedicarse á ciencia da computación.
Os Premios Turing incrementan a súa dotación económica
Compartir Este Artigo

