Dende a Comisión Europea levan uns meses instando ás compañías a deixar de definir como gratis ás aplicacións descargables sen custo que inclúan compras dentro da aplicación, pois realmente non son de balde, senón que teñen custos ocultos e finalmente Apple deu o seu brazo a torcer, e iTunes, a App Store e a Mac App Store deixan de amosar a etiqueta GRATIS para presentar o texto OBTENER para non destacar de xeito enganoso a súa gratuidade.
As tendas de descargas de Apple non só eliminaron o termo gratis, senón que tamén destacan baixo o título das aplicacións un texto no que indican, se procede, que integran compras, información que resulta moi importante, tanto para decidir entre varias aplicacións semellantes como para os xogos que poidan deixárselle usar de xeito seguro aos máis cativos. Nesta última liña Apple tamén creou unha sección na súa tenda de aplicacións con contidos apropiados para menores de 13 anos.
A App Store deixa de etiquetar como GRATIS ás aplicacións con compras integradas
Compartir Este Artigo

