Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O sustentable e o ecolóxico, ingredientes básicos dos enxeños amosados estes días en Galiciencia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O sustentable e o ecolóxico, ingredientes básicos dos enxeños amosados estes días en Galiciencia

Redacción
Publicado: 20/11/2014
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

ouGaliciencia14f03.jpgComo xa adiantamos esta semana dende Código Cero, inserida no programa de actividades da Semana da Ciencia en España botaba a andar onte a feira Galiciencia 2014, a feira científica galega que se estenderá ata mañá venres 21 de novembro e que ten lugar na Tecnópole-Parque Tecnolóxico de Galicia (Ourense). Patrocinada pola Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) e a Consellería de Economía, a Galiciencia ten entrada de libre e expón 64 proxectos de investigación procedentes de toda Galicia. Por exemplo: vehículos sustentables, un dron para vixiar os nosos montes e loitar contra os incendios forestais ou un enxeño para facermos biodiésel caseiro.
No que se refire a cifras e procedencias, están a ser expostos 27 proxectos de Ourense e Pereiro de Aguiar -entre os que se atopan os dos alumnos das Aulas Tecnópole e do campamento tecnolóxico de verán da Tecnópole-; 15 de Vigo, 5 de Pontevedra, 4 de Cambre, 3 de Santiago de Compostela, 2 de Ferrol, 2 de San Sadurniño, 1 de Ortigueira, 1 de Teo e 4 de Barcelona. De todos eles, 44 son de equipos de Secundaria e FP e os 20 restantes protagonizan a sección especial que se habilitou de maneira específica para proxectos de Primaria.
Os vehículos de todo tipo protagonizan boa parte dos proxectos este ano. Á cúpula para bicicletas, o dron contra incendios e o freo para cadeiras de bebé súmanse un robot submarino desenvolvido en Ortigueira que se une á consola de mando mediante un cordón umbilical e un prototipo de coche con sensores para facilitar a condución segura, este último deseñado por alumnos de Pontevedra.

O conselleiro de Economía, coñecendo de primeira man os enxeños amosados
O conselleiro de Economía, coñecendo de primeira man os enxeños amosados

A reciclaxe de residuos e a xeración de enerxías limpas é outra constante na Galiciencia desta convocatoria 2014. A obtención biodiésel e xabón elaborado a partir de aceite usado de cociña (este último a cargo de alumnos de Primaria de San Sadurniño), o deseño dunha central térmica de hidróxeno realizado nas Aulas Tecnópole e a fabricación de soletas para zapatos e calcetíns a partir das labras de madeira dos lapis (a cargo de alumnos de Pereiro de Aguiar), son algúns exemplos desta temática.
No eido da alimentación, estudantes vigueses presentan un prototipo de cultivo de leitugas con luces LED, un sistema de conservación de alimentos mediante ultrasóns desenvolvido nas Aulas Tecnópole e a extracción de ferro en cereais de almorzo por parte de alumnos pontevedreses.
En canto ao uso das novas tecnoloxías, presentouse un sistema de control parental de páxinas web mediante sinais auditivos froito do campamento de verán da Tecnópole, xunto cun estudo sobre os efectos dos videoxogos na nosa capacidade de concentración, que segundo os resultados obtidos son beneficiosos.
No apartado dos estudos, un equipo ourensán analizou a efectividade do uso do medo como factor persuasivo para o aumento das vendas, alumnos de Vigo recuperaron a figura do afiador-paraugueiro en Galicia e estudantes de Cambre mediron o nivel de ruído que soportan os adolescentes nos institutos e investigaron se comer chicle ao tempo que se fai un exame mellora os resultados.
Alén de todo isto, a Fundación Barrié expón a mostra de fotografía InvestigArte e achegará hoxe unha charla para que os docentes coñezan a iniciativa educaCiencia.
Engadir que xa dende onte daban comezo as actividades parellas á exposición de proxectos, que inclúen: obradoiros conmemorativos do Ano Internacional da Cristalografía e da Agricultura Familiar e do Ano da Biotecnoloxía en España, amais da elaboración colectiva por parte de estudantes tanto do vídeo coma da revista oficial da Galiciencia.
Cómpre subliñar que dende ás 10 horas desta mañá todos os que o desexen poden asistir desde o seu colexio ou a súa casa ao espectáculo Arpexos de ciencia a través da web da Tecnópole.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?