Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Ribeira amosa a súa plataforma turística na Smart City Expo World de Barcelona
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Ribeira amosa a súa plataforma turística na Smart City Expo World de Barcelona

Redacción
Publicado: 20/11/2014
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

AppsRiveira_detalle.jpgAs cidades galegas queren ser un referente no ámbito das urbes conectadas. Se o outro día falabamos da participación da Coruña nun evento internacional do talle da feira Smart City Expo World Congress, hoxe toca mencionar o caso de Ribeira, cuxa plataforma turística web (da que falamos en detalle hai uns meses dende Código Cero) foi presentada no serán de onte no mesmo congreso, sen dúbida un dos grandes focos de coñecemento mundial relacionado co fenómeno das Cidades Dixitais, que son a evolución natural dos nosos espazos urbanos cara a un modelo que ten moito que ver coa vida 2.0. Dito doutro xeito: serán cidades-rede onde todo, dende desprazarnos ata relacionarnos coa administración, será moito máis áxil, rápido, eficaz, sustentable e doado.
Volvendo á xuntanza que se desenvolve ata hoxe na Fira de Barcelona (escaparate de proxectos innovadores dunha longa listaxe de países, incluídos Rusia, Estados Unidos ou Francia, amais de España), sinalar que para debullar os detalles da iniciativa turístico-tecnolóxica do devandito concello coruñés acudiron ao congreso representantes da empresa galega responsable do deseño e creación da plataforma, Avansig, que amosaron os obxectivos e recursos da mesma perante máis dun centenar de persoas.
Segundo informa o Concello de Ribeira, os responsables da plataforma galega compartiron experiencias cos desenvolvedores de proxectos análogos de Lyon (Francia) e Portland (Estados Unidos), así como doutras solucións tecnolóxicas propostas polas compañías Indra e Habidatum International.
AppsRiveira_detalle2.jpgRespecto da tecnoloxía posta en marcha en Ribeira, sinalar que está cofinanciada nun 70% con fondos Feder, combinando Tecnoloxías da Información Xeográfica (TIG) con tecnoloxías web e tecnoloxías móbiles, o cal se materializa na existencia dun Visor SIX Web e dúas aplicacións móbiles (Smart Riveira e Turismo Riveira) dispoñibles para calquera usuario, ademais dun panel de control de xeito que os técnicos poidan administrar o conxunto da plataforma.
Amais da súa participación na feira catalá, o Concello de Ribeira tamén deu a coñecer a súa intención de contratar unha asistencia técnica co obxectivo de dinamizar e tirar o máximo partida a esta plataforma e a propia web municipal. Ademais, a asistencia encargaríase do velar pola implantación en Ribeira das novas esixencias derivadas da Administración Electrónica.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?