O coñecido blogueiro galego David Serantes, que leva 10 anos de actividade na súa bitácora coñecida como Serantes & Cía, decidiu transformar este proxecto inicial nun espazo actualizado semanalmente cunha columna máis reflexiva e extensa, e centrar a súa actividade diaria na Rede nun novo espazo na web emprendido coa colaboración de Fernando Doálvares, no que esperan acoller tamén colaboracións externas. Nace así Beta Privada, como a volta a un “blog máis persoal”, fuxindo da profesionalización como incentivo para continuar a publicar.
Este novo sitio busca, por unha banda, incluír contidos no máis puro estilo de Tumblr, que completaranse con longos artigos coas análises e as opinións máis reflexivas, servindo para xuntar publicacións que antes realizaban Serantes e Doálvares a través doutras canles, incluíndo ata unha sección de compra-venda na que dar conta dos trebellos que teñen á venda ou para avisar de interesantes ofertas.

Dado que o blog de Serantes & Cía. destacaba polo seu podcast, a nova publicación tampouco quere ser menos, e procurarán producir episodios máis breves para poder manter unha maior constancia no tempo, nos que Serantes e Doálvares serán os participantes habituais, podendo contar con algún convidado puntual.
Beta Privada, un novo blog tecnolóxico de creación galega
Compartir Este Artigo

