
Xa nun plano máis concreto, a primeira área de colaboración FXStreet-Qubitia centrarase no servizo de novas en tempo real de FXStreet, onde se combinará “a excepcional tecnoloxía da firma galega coa experiencia en contido da compañía catalá para crear novos produtos líderes no mercado”, sinala Francesc Riverola, presidente e fundador de FXStreet, que valora especialmente recursos de Qubitia como Qcaid, unha innovadora plataforma de trading cuantitativo que permite aos investidores automatizar, probar, optimizar e executar as súas estratexias de investimento sen necesidade de programalas.
“Esta combinación de forzas”, engade Riverola, “debe espallar o noso alcance no mercado e ofrecer un conxunto de servizos de calidade aos traders de divisas internacionais; non poderiamos desexar un mellor socio que Qubitia”. Para FXStreet, a plataforma de comercio algorítmico da compañía galega é “tan doada de usar que podería convulsionar a industria de divisas e obter unha cota de mercado importante no mercado institucional”.
Ao respecto da devandita operación de compra, Luís Taboada, director xeral de Qubitia Solutions, sinalou que “estamos moi entusiasmados coa participación de FXStreet en Qubitia”. Ao seu ver, “o liderado e experiencia no sector de FXStreet, unido ao seu fondo coñecemento sobre o mercado de divisas, faia sen ningunha dúbida unha compañeira perfecta para os plans estratéxicos de Qubitia en mercado Forex Institucional”.
FXStreet entra a formar parte da galega Qubitia e afiánzase no investimento algorítmico
Compartir Este Artigo
