Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Comezan en Vigo as Xornadas Técnicas avaliando ao detalle unha cidade conectada
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Comezan en Vigo as Xornadas Técnicas avaliando ao detalle unha cidade conectada

Redacción
Publicado: 25/11/2014
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

auditorio-mar-de-vigo_588641.jpgHoxe e mañá mércores celébrase en Vigo unha xuntanza de interese para calquera lector desta web, sobre todo para aqueles seareiros das novas tecnoloxías que desexan ver ata que punto estas poden cambiar o noso xeito de vivir nunha cidade, vila ou aldea. Falamos da terceira edición das Xornadas Técnicas de Vigo Smart Cities & Communities, unha cita á que se espera que acudan uns trescentos profesionais dos ámbitos público e privado e con relación directa cun fenómeno que vai cambiar (está a cambiar xa) para sempre os modelos urbanos establecidos (xeitos de relacionarnos coa administración local, xeitos de desprazarnos, xeitos de comunicarnos, xeitos de vivir no noso fogar).
As xornadas desenvólvense no Auditorio Mar de Vigo e veñen da man do Concello de Vigo, a Fundación FAIMEVI (Fundación Axencia da Enerxía de Vigo) e o Colexio de Enxeñeiros Industriais de Galicia, coa colaboración do Consorcio da Zona Franca e da Universidade de Vigo e coa presenza de entidades como o centro tecnolóxico coruñés CITIC, o Clúster TIC Galicia, o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia ou o centro tecnolóxico Gradiant.
O evento diríxese a favorecer o intercambio de coñecemento e experiencias prácticas para contribuír á mellora dos servizos á cidadanía, da contorna social, económico e ambiental. Combinaranse sesións técnicas ademais dunha zona de exposición de acceso libre, con máis de 30 casetas, onde empresas de primeiro nivel mostrarán as súas propostas no ámbito das cidades intelixentes e das comunidades dixitais.
Polo que respecta ao programa, achegará arredor dunha trintena de relatorios especializados.
A primeira xornada contará coa presenza (entre outros) de Roberto Bustillo (decano da Facultade de Dereito da Universidade de Vigo, falando do réxime xurídico da eAdministración), Fernando Vázquez (de Imatia, falando do concepto de Goberno Intelixente) ou Conrado Toro (de WebDreams, afondando na cuestión da dixitalización dos servizos públicos locais).
Tamén falarán de cidades conectadas e das súas posibilidades para a cidadanía, as empresas e as administracións, relatores expertos como Antonio Sánchez (de Wairbut) ou Javier Albertos Benayas, que exporá un caso de éxito do Concello de Vigo en materia de innovación na xestión. Xa pola tarde, intervirán Marian Leboreiro (Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, falando de novos métodos para administrar e xestionar un espazo urbano), Antonio Moreno (Jung Electro), Iago Barbeito (SETGA) ou Alberto Méndez (CO2 Smart Tech), entre outros expertos aínda pendentes por confirmar.
Nas Xornadas Técnicas está previsto que se atopen profesionais das TIC e da eAdministración para afondar en cuestións como o potencial e posibilidades das urbes conectadas do futuro. A xuntanza está encamiñada a profesionais do sector, expertos de recoñecido prestixio, empresas líderes a nivel estatal e administradores municipais, nos que se debaterá e profundará de maneira integradora diferentes aspectos relacionados coas novas tecnoloxías no eido das Cidades Intelixentes (Smart Cities), a xestión intelixente dos recursos e a transformación urbana que isto significa.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?