Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CPEIG, entre os axentes do sector TIC que colaboran en dar forma á nova Axenda Dixital
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CPEIG, entre os axentes do sector TIC que colaboran en dar forma á nova Axenda Dixital

Redacción
Publicado: 02/12/2014
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

20141201_amtega_03.jpgEntre as entidades representativas do noso sector TIC que están a xuntar forzas con AMTEGA para dar forma definitiva á vindeira Axenda Dixital de Galicia atópase (entre outras) o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG). Sen ir máis lonxe, o presidente da entidade profesional, Fernando Suárez, participou este 1 de decembro na xuntanza que organizou a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) cos nosos axentes do sector para abordar de forma conxunto os desafíos aos que nos enfrontamos no ámbito tecnolóxico no horizonte 2020.
Da xuntanza dimos conta onte en Código Cero, salientando que o seu obxectivo principal era o de recadar ideas e reflexións de alto valor. No seu transcurso, a directora da AMTEGA, Mar Pereira, trasladoulles aos representantes do sector a importancia de abordar de forma conxunta estes aspectos desde o ámbito autonómico para asegurar “a toma de decisións cun claro impacto na contorna galega, dar resposta aos desafíos tecnolóxicos específicos aos que se enfronta Galicia e dotar á Comunidade dos mecanismos necesarios para afrontar as oportunidades tecnolóxicas de crecemento que brinda o novo período”. Segundo nos lembra o CPEIG, amais do intercambio de ideas e reflexións recollidas na reunión deste 1 de decembro, a AMTEGA remitiralles aos axentes do sector tecnolóxico un formulario para canalizar as súas achegas que serán valoradas de cara á conformación final da Axenda Dixital de Galicia 2020.
Lembrar que unha parte dos retos aos que se afronta a Axenda xa foron expostos o mes de xullo no seminario Axenda Dixital Europea e Redes Transeuropeas, coordinado por Francisco García Morán, conselleiro xefe en TIC e ex director xeral de Informática da Comisión Europea e o presidente do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), Fernando Suárez Lorenzo, Neste seminario, a directora da AMTEGA avanzou que na elaboración desta nova estratexia dixital o seu departamento contará coa achega de expertos, das administracións e da sociedade galega, apostando por un modelo de intelixencia colectiva para acadar unha estratexia de todos e para todos os galegos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?