Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Novo éxito dos investigadores de AtlantTIC no panorama de congresos especializados internacionais
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Novo éxito dos investigadores de AtlantTIC no panorama de congresos especializados internacionais

Redacción
Publicado: 22/12/2014
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

atlanttic_vigo_estados_unidos.jpgO centro galego AtlantTIC, unidade avanzada da Universidade de Vigo para a investigación en Tecnoloxías da Información e a Comunicación, segue obtendo importantes distincións alí (ámbito virtual ou xeográfico) onde amosa as súas liñas de traballo e máis os froitos obtidos. Se recentemente falamos dos recoñecementos obtidos no congreso ASMS/SPSC2014 (dúas conferencias simultáneas do ámbito internacional centradas nas comunicacións máis avanzadas), agora os responsables do centro tecnolóxico salientan os “excelentes resultados” da participación de AtlantTIC en GlobalSIP e en WIFS. Esta última cita celebrouse na primeira semana de decembro en Atlanta, Xeorxia, Estados Unidos.
O Workshop on Information Forensics and Security (WIFS) é o evento anual de referencia sobre investigación en tecnoloxías forenses e seguridade de información. Este ano, a xuntanza (que vai pola súa sexta edición) celebrouse ao mesmo tempo cá segunda edición do IEEE GlobalSIP, amplo congreso que cobre variados campos do procesado de sinal e información, nas instalacións do campus tecnolóxico de Xeorxia Tech.
Desde AtlantTIC, informa o centro vigués, asistiron seis investigadores do Grupo de Procesado de Sinal en Comunicacións (GPSC) para presentar cinco artigos de investigación relacionados con seguridade multimedia e seguridade en redes, e que reflicten traballos de investigación baseados en detección de ataques a planificadores en redes sen fíos, análises de tráfico en sistemas de comunicacións anónimas, detección de compresión múltiple en imaxes, deseño de ataques óptimos a detectores forenses baseados en histograma e mecanismos de recifrado proxy para procesamento seguro multiusuario na nube.
Segundo engaden fontes de AtlantTIC, é máis que salientable o feito de que o centro galego conte con cinco artigos publicados nesta edición da convocatoria internacional, “dado o esixente proceso de revisión ao que se someten os artigos para escoller aos traballos máis selectos e innovadores no devandito eido”. Ademais, confírmase unha taxa de aceptación resultante con tendencia á baixa (inferior ao 40%). Ao fío disto, AtlantTIC destaca que o artigo The optimal attack to histogram-based forensic detectors is simple(x), escrito polos seus investigadores Pedro Comesaña Alfaro e Fernando Pérez González foi galardoado co Best Paper Award, prestixioso premio que o recoñece como o mellor artigo de entre os máis de cen que se recibiron.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?