O presidente do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), Fernando Suárez Lorenzo, entrevistouse o pasado luns con Santiago Villanueva, delegado do Goberno en Galicia, no marco da rolda de entrevistas institucionais impulsada pola Xunta de Goberno do Colexio. Na xuntanza, que se desenvolveu na sede da Delegación do Goberno na Coruña, o máximo representante do CPEIG relatoulle a Villanueva os proxectos do Colexio e convidouno a asistir á nova edición da Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia, prevista para o 2015.
Fernando Suárez fíxolle ao delegado do Goberno un relato polo miúdo das inquietudes do colectivo das enxeñeiras e enxeñeiros informáticos, e trasladoulle as súas reivindicacións como profesionais, así como a importancia do papel que desempeñan no desenvolvemento da Sociedade da Información.
No encontro, Fernando Suárez fíxolle entrega a Santiago Villanueva dunha placa conmemorativa da xuntanza en nome de todas as persoas colexiadas.
O presidente do CPEIG entrevístase co delegado do Goberno
Compartir Este Artigo
