
“A idea”, di “é que o profesor non teña que perder o tempo en tarefas burocráticas e poida adicar tempo de calidade ao que realmente importa, que é educar aos alumnos”. Con esta tecnoloxía de Gradiant, achégase a posibilidade de facer seguimento continuo do desempeño dos estudantes, en tempo real e creando reportes automáticos. “Ao rematar a clase”, engade o investigador, “o mestre terá un informe de todo o que aconteceu durante a sesión, e non terá que perder tempo en facer os reportes a man, o único que terá que levar a cabo o docente é reflexionar sobre o que pasou durante a xornada”. IN2IT será pois unha ferramenta de que lle dará ao profesorado información precisa para tomar as mellores decisións sobre como mellorar o desempeño dos seus alumnos de face á clase seguinte.
Como todo avance tecnolóxico que implica fondos cambios na contorna, o proxecto IN2IT ten no camiño unha serie de retos a superar. Retos que son aínda máis importantes se temos en conta que IN2IT está enfocado sobre todo ao eido da avaliación, “que é se cadra o ámbito máis complexo de todos e onde mellor se aprecia a realidade dos diferentes métodos de cada docente”, sinala Gradiant. Tendo en conta isto, a tecnoloxía pon en xogo un importante elemento unificador e integrador. “Nós estamos a tentar desenvolver unha solución que sexa o máis xeneralista posible, pero sobre todo que sexa útil”, explica Rubén Míguez, que engade que el o seu equipo comprometéronse a acadar unha experiencia de uso ante todo simple e sinxela, “porque se ao final a solución que chega á aula require dun manual de uso, non vai ser útil”. Ao seu xuízo, unha tecnoloxía como a que desenvolve Gradiant ao abeiro deste proxecto é especialmente necesaria para os nosos colexios, “porque non podemos vivir de costas ás ferramentas que os nenos están a utilizar na súa vida, na súa contorna fóra da escola”.
Como dixemos, a finais de marzo estará dispoñible un primeiro prototipo funcional para introducir nalgúns centros, e a partir de aí faranse probas con alumnos reais, para comprobar “que é o que funciona, que é o que resulta útil e que é o que non achega valor”. A partir de aí a intención é poder probalo nun curso enteiro, a partir do vindeiro mes de setembro.
Gradiant ultima unha tecnoloxía para optimizar ao máximo o labor dos nosos docentes
Compartir Este Artigo
