A consultora Nielsen achegou os días pasados datos interesantes sobre os hábitos dos españois en materia de compras en Internet nas pasadas festividades. Segundo se fai saber no estudo da dita consultora, os internautas do ámbito estatal seguen a mercar de xeito tradicional os xoguetes de Reis e unicamente un 10% cómpraos en Internet. Esta porcentaxe é moi semellante á da taxa de persoas que empregan a Rede para procurar produtos quen encargar aos Reis Magos. Entre os agasallos que máis se adquiren na Internet figuran os téxtiles, os teléfonos móbiles (20%), os libros electrónicos e os libros impresos (19% e 18%, respectivamente) e os dispositivos electrónicos (17%).
Na investigación de Nielsen tamén se fai saber que arredor do 15% dos usuarios merca en liña agasallos “moi socorridos” nestas datas, como produtos de música, filmes ou videoxogos. Tamén é do 15% a porcentaxe de internautas que rastrexa pescudas na Rede na procura do presente máis idóneo, presente que logo acaba sendo mercado no establecemento físico tradicional. Segundo se fai saber, todas estas cifras (e outras) amosan que en España aínda hai moito camiño por percorrer no que se refire ao desenvolvemento do comercio electrónico.
A Internet segue a estar en segundo plano no ámbito das compras de Nadal
Compartir Este Artigo
