A empresa Inycom, grupo de firmas tecnolóxicas con sede central en Aragón, vén de levar a cabo un proxecto TIC no operador público galego RETEGAL dirixido a mellorar a previsión no desenvolvemento orzamentario de proxectos. En palabras de Inycom, “o encargo consistiu unha solución que integra e consolida a información dende diversas fontes para permitir que o equipo financeiro de RETEGAL póidase adicar ao completo á análise de datos”. En definitiva, trátase de facer o máis breves e eficaces posible os tempos de xeración da información para optimizar o traballo de estudo da mesma, permitindo unha marxe máis reducida de erro na toma de decisións.
Segundo informa Inycom, “a operadora galega dispuña de diferentes ferramentas, aplicativos e solucións para a xestión de o seu orzamento anual, é dicir, existían diversas orixes de información en aplicacións non intercomunicadas”. Deste xeito, engádese, RETEGAL “viña elaborando de maneira manual documentos Excel que aglutinaban todos os datos para así poder levar a cabo o seguimento orzamentario”. Con todo, a elaboración era custosa e lenta en cada peche de mes, “ademais de existir a posibilidade de cometer erros”, explica a empresa. A solución desenvolvida por Inycom dirixiuse, precisamente, a rematar con esta marxe de incerteza.
A achega baseouse en dúas premisas: por unha banda integrar e consolidar a información de orzamentos, facturación e previsión e, pola outra, construír un modelo analítico que permitise a análise doada do coñecemento xerado por distintas variables (período, cliente, estrutura orzamentaria, etc).
A empresa TIC, logo dos traballos preliminares de acondicionamento, determinou varias etapas para desenvolver a implantación da solución. Así, creouse unha base de datos para recoller información de diversas canles (datamart) e para a xeración procedente de Excel construíronse formularios que permitiron a recollida e validación automatizada dos mesmos. Logo, os datos “consolidáronse mediante unha serie de procesos diarios ou a demanda do usuario, ficando así actualizados e dispoñibles para o seu posterior estudo”. Máis tarde deuse forma a un catálogo que posibilitase ao usuario “ser autónomo na elaboración de informes”. Para rematar, “creáronse informes base que posibilitasen a análise e a visualización da información orzamentaria, sen requirir os custosos traballos de elaboración previa”.
Segundo engade a empresa TIC, coa integración do servizo acadáronse vantaxes como a supresión dos tempos de xeración de información para cada peche ou a dispoñibilidade total e en liña dos datos no modelo con actualización diaria. Tamén se acadou un acceso concorrente á mesma información por parte de todos os usuarios, amais de minimizarse os erros de transacción de datos e mellorarse a visualización da información a través de táboas e gráficos, entre outras cousas.
Lembrar que RETEGAL (Redes de Telecomunicación Galegas) é o operador público de telecomunicacións da Xunta, dependente da Axencia para a Modernización Tecnolóxica. Arestora dispón dunha extensa de infraestruturas de telecomunicacións (máis de 250 centros) distribuída por toda a nosa xeografía.
Inycom desenvolve unha solución para optimizar os orzamentos de proxectos en RETEGAL
Compartir Este Artigo
