A cadea galega de aparellos electrónicos e electrodomésticos Star Center, que xa suma 13 establecementos, vén de obter un recoñecemento polo labor despregado dende a a súa sede de Noia. Máis polo miúdo, o galardón tivo a súa orixe nunha iniciativa local para a captación e mantemento de clientes, a iniciativa galega Máis que comercio!, a través da cal distinguiuse o establecemento noiés de Star Center como local favorito para compras na vila coruñesa. A Federación Galega de Comercio e a Asociación de Comerciantes de Noia entregaron o recoñecemento en persoa aos responsables da tenda de electrodomésticos.
A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez, o alcalde de Noia, Rafael García, e o presidente e a xerente de Noia Histórica, Francisco Pérez e Belén Arróniz, foron os encargados de achegar a distinción, un premio que ademais ten o valor de ter sido elixido polos propios clientes locais. O galardón insírese como dixemos na iniciativa Centros Comerciais Abertos. Máis que comercio!, través da que se levou a cabo (durante o tempo que durou a compaña) unha entrega de códigos entre a veciñanza que realizaba as súas compras para que logo votase polo seu comercio favorito. Houbo descontos e premios en negocios adheridos en diferentes puntos da nosa xeografía.
Grazas a este premio, sinala a empresa galardoada, “Star Center convértese no local máis recomendado da zona para adquirir o último en novas tecnoloxías, imaxe, son, minidomésticos e electrodomésticos”.
A tenda en Noia de Star Center, galardoada polos clientes
Compartir Este Artigo
