
En primeiro lugar, WikinformáticA, un concurso cuxo prazo para a presentación de achegas xa rematou e que se dirixiu sobre todo a alumnos de secundaria .
A través deste certame, a comunidade de estudantes tivo que elaborar unha wiki en galego sobre mulleres destacadas na historia das tecnoloxías da información. Os alumnos participaron en grupos coordinados por un profesor do seu centro. O equipo gañador (cousa que está por determinarse, aínda que está previsto que se dea a coñecer a semana vindeira) obterá unha impresora 3D patrocinada polo CPEIG e unha visita ás instalacións de R na Coruña.
En segundo lugar, os días 28 e 29 de xaneiro celebraranse unhas xornadas en colaboración coa Oficina para a Igualdade de Xénero. Nestas xornadas participarán diversas mulleres de éxito no eido das novas tecnoloxías presentando un programa no que se abordará tanto o éxito empresarial, como a pertenza a grupos de desenvolvedores ou a imaxe online.
Programa
28 xaneiro
15:45 – 16:00 — Inauguración
16:00 – 17:30 — Carme Miró. CEO de Apple Tree. Entrevista sobre o éxito empresarial e a importancia da imaxe de marca online.
17:30 – 19:00 — Cristina Gamallo. Co-fundadora de Situm. Experiencia creando unha empresa innovadora de robótica en Galicia.
19:15 – 20:45 — Mariel Martínez. GDG Vigo. GDGs en Galicia, Women in Tech, Tech & ladies.
29 xaneiro
16:00 – 17:00 — Panel: situación laboral das TIC.
Laura Castro, profesora e investigadora da Facultade de Informática.
Fernando Suárez, presidente do CPEIG.
María R. Malmierca, coordinadora de ICT Go Girls e da área de E-learning do CESGA.
17:00 – 17:30 — Presentación de WikinformáticA e entrega de premio.
17:30 – 19:00 — Verónica Ramallal. Fundadora de Pekecha. Imaxe online: social media e marca personal.
19:00 – 19:15 — Clausura.
A FIC ultima os preparativos para a Semana Anita Borg
Compartir Este Artigo
