Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Telefónica quere chegar aos 4 millóns de clientes ao abeiro de Fusión TV
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Telefónica quere chegar aos 4 millóns de clientes ao abeiro de Fusión TV

Redacción
Publicado: 06/02/2015
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

movistar_fusion_tv.jpgEntre os retos de Telefónica para este ano que comeza atópase, como é lóxico, o de incrementar os ingresos e o número de usuarios dos seus servizos, e non só os de telefonía móbil. Máis polo miúdo, o que se pretende é ir alén dos dous millóns de clientes de televisión que arestora ten no mercado español, sendo o seu obxectivo chegar a rentes dos 4 millóns ao remate de 2015 a través de Fusión TV. Para dobrar a carteira de usuarios Telefónica tirará partido das posibilidades de Canal +, recentemente adquirida e doutras cousas como a inclusión de Movistar TV en aparellos de televisión Samsung (o que significa que boa parte das Smart TV do fabricante terán acceso directo ao servizo de Movistar sen necesidade de aparellos extra, isto será unha realidade logo do inverno).
Outra das estratexias a seguir para acadar a devandita cifra de usuarios será minimizar a porcentaxe de cancelación de contratos. Segundo se informa, a operadora apostará de cheo pola liña Fusión e, polo tanto, polo converxente. Isto levarase a cabo en base a o seguinte feito: quen ten servizos converxentes troca menos de operadora (para facelo, tería que darse unha causa de forza maior, do tipo dunha eiva técnica grave ou unha atención incorrecta).
En definitiva, a operadora quere ir levando a súa carteira de usuarios cara ao servizo Fusión. Como lembraremos, este proceso xa foi acadando fitos importantes, como por exemplo a migración dos clientes de ADSL a fibra óptica, novidade abeirada ao catálogo Fusión e anunciada en abril do ano pasado.Esta migración, que foi de balde, posibilitou un acceso de 10 Mbps reais sobre a rede fixa “máis rápida e potente no mercado”, engadiu a operadora, “amais de optar a máis e mellores produtos converxentes, sempre con televisión e 4G, polo mesmo prezo e mesmo menos do que viñan pagando con anterioridade”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?