Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación de Lugo organiza un obradoiro para afianzar as administracións locais no bo uso das redes sociais
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación de Lugo organiza un obradoiro para afianzar as administracións locais no bo uso das redes sociais

Redacción
Publicado: 09/02/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

depu_lugo_obradoiro_formativo_redes.jpgMoitos de nós coñecemos o básico sobre as redes sociais pero, de certo, estamos un algo lonxe de saber o específico delas. Sobre todo o que atinxe ás maneiras máis axeitadas de empregalas na Administración Electrónica. Botar luz sobre isto e abrir camiño en materia de comunicación 2.0 cidadanía-administracións é o gran obxectivo da xornada Xestión e uso das redes sociais nos concellos que organiza a Deputación de Lugo o 20 de febreiro, dende as 10.30 horas no salón de actos do pazo de San Marcos de Lugo. A sesión, que é de balde, forma parte das actividades organizadas pola Deputación para avanzar en materia de eAdministración (actividades como por exemplo a convocatoria de orzamentos participativos).
Segundo explica a Deputación, “trátase dun obradoiro totalmente práctico dirixido a autoridades e traballadores de todos os concellos que busquen complementar a súa formación no ámbito dixital e redes sociais e na que se darán as claves para unha boa comunicación institucional nos novos medios”.
Máis en detalle, a iniciativa insírese no proxecto Goberno Intelixente para os cidadáns da Provincia de Lugo: Rede provincial de Concellos para o fomento da participación cidadá e da transparencia, enmarcado á súa vez en InnovaTE2: Dep. Dixital da Deputación de Lugo.
O obradoiro será impartido por profesionais “de ampla traxectoria no ámbito dixital e comunicativo”. Este programa, engaden fontes do organismo provincial, “representa unha oportunidade para achegar ao persoal dos municipios da provincia ás novas canles de comunicación social, amosar estratexias comunicativas desde o punto de vista da administración local e mellorar a comunicación cos veciños e as veciñas”.
No obradoiro trataranse temas como o papel dos novos medios sociais para as administracións e a súa importancia na política, a comunicación tradicional versus a comunicación online, as claves dunha boa estratexia de comunicación dixital para unha administración local, o uso de Twitter e Facebook e como tirar o máximo partido de Google.
Por certo que no marco da xornada presentarase o Informe de situación de adopción e uso de medios sociais e de novas canles de comunicación online por parte dos concellos da provincia de Lugo e do estado de participación cidadá a través dos mesmos, segundo apunta a Deputación “o primeiro destas características que existe a nivel galego, e un dos primeiros que se publica no territorio español”. O informe recolle unha radiografía pormenorizada do estado en que se atopan os concellos da provincia en materia de redes sociais e achega tamén consellos encamiñados cara ao correcto uso destas ferramentas, para unha xestión eficaz e transparente.
Os interesados en participar nesta xornada poden inscribirse no correo electrónico rrss.transparencia@deputacionlugo.org, a onde terán que enviar os seus datos persoais.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?