Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A aplicación de participación galega Wej Circle premiada en Barcelona
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A aplicación de participación galega Wej Circle premiada en Barcelona

Redacción
Publicado: 04/03/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

uvigo_wej_circle.jpgFranco Pérez, enxeñeiro do Agrupamento Aeroespacial da Universidade de Vigo, vén de rematar o periplo de innovación tecnolóxica de Imagine Express que avanzamos dende Código Cero os días pasados, salientando que se trataba dunha convocatoria do emprendedor catalán Xavier Verdaguer ao abeiro da súa iniciativa Imagine Creativity Center, un espazo de traballo radicado en Silicon Valley (Estados Unidos) dende o que se convoca cada ano a desenvolvedores españois para traballar en retos concretos. Precisamente nisto consistiu a experiencia de Franco Pérez: en acometer un desafío tecnolóxico e en facelo ademais de viaxe por Europa. Máis polo miúdo, foron catro días de estadías en Barcelona, París, Londres e de novo Barcelona. A xuízo de Franco, a experiencia de participar en Imagine Express 2015 resultou ser espectacular.
Ao seu carón, pechando fileiras, tivo un equipo de 36 desenvolvedores seleccionados de entre máis de 2.000 profesionais de toda España, co obxectivo común de dar forma a aplicacións móbiles innovadoras e avanzadas, nunca vistas. No equipo no que Pau Argelaguet puxo a idea e Elizabeth Lee as técnicas de negocio, Franco Pérez encargouse, en colaboración en remoto cos tamén enxeñeiros da Agrupación Aeroespacial da Universidade Aaron Narcellas, Bibiano Fernández-Arruti, Xabi Crespo e Diego Hurtado, de dar forma á parte técnica de Wej Circle, un sistema que permite compartir música entre varios usuarios mediante o emprego dun algoritmo. Con este sistema, explica Pérez, o equipo recibiu no transcurso do Barcelona Mobile World Congress un galardón da Dirección de Innovación do Ajuntament de Barcelona, que o acredita como o mellor prototipo.
Porén, Wej Circle non estivo entre os catro proxectos gañadores do Image Express 2015, que premiou unha aplicación para diabéticos, Buddyfit; unha app destinada a reducir o número de accidentes dos operarios que traballan sobre o terreo, Safe&Sound; outra ferramenta dirixida a formar ao máis cativos e cativas en finanzas, FunForFamily; e outra que ten a finalidade de recuperar a rúa como zona de lecer para nenos e nenas, HybridPlay. Malia todo, Franco Pérez amosou a súa satisfacción polo recoñecemento obtido en Barcelona, “e máis por ser unha distinción ao traballo en equipo con Pau Argelaguet e Elizabeth Lee, pero sobre todo, cos compañeiros da Agrupación Aeroespacial”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?