Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Campus de Ourense aproba implantar no seu seo o grao en Enxeñaría Aeroespacial
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Campus de Ourense aproba implantar no seu seo o grao en Enxeñaría Aeroespacial

Redacción
Publicado: 17/03/2015
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

uvigo_consello_ourense.jpgSeguimos a dar pasos, algúns de xigante, no camiño de seguir sendo un referente en materia de enxeñaría e desenvolvemento de tecnoloxía aeroespacial (referente real xa somos, logo das salientables experiencias dos satélites XaTcobeo, Humsat-D, o FemtoSat e dalgúns máis que están por vir, como o G-Sat ou o que se vai desenvolver a través do proxecto SERPENS coa Agência Espacial Brasileira, AEB). O caso é que o Consello do Campus de Ourense (UVigo) aprobou este luns a posta en marcha do grao en Enxeñaría Aeroespacial. A integración deste nova titulación obtivo doce votos a favor, cinco abstención e ningún en contra. A presentación oficial ante a Xunta do devandito grao levarase a cabo este verán.
Segundo informan fontes do Campus, trala súa aprobación en Consello de Campus elevarase unha expresión de interese ante o Consello de Goberno, o órgano competente para iniciar o proceso de tramitación. En caso de aprobarse, constituiríase unha Xunta de Titulación intercentros na que estiveran involucradas facultades e escolas coas especialidades máis afíns a esta nova enxeñaría: a Facultade de Ciencias e a Escola Superior de Enxeñaría Informática de Ourense e as escolas de Telecomunicación, Enxeñaría de Minas e Enxeñería Industrial do campus de Vigo. “Esta xunta sería a encargada de compoñer a Comisión do Plan de Estudo, responsable de dar forma ás memorias académica e económica e de oportunidade”, explican dende o Campus.
Unha vez deseñado o contido e o plan de viabilidade deste novo grao, faríase unha exposición pública da información e volvería a ir a Consello de Goberno para a súa aprobación definitiva. Co visto e prace deste órgano, a memoria sería elevada á Xunta de Galicia para que a estudara a Axencia de Avaliación de Calidade e pasara a avaliación dos expertos externos antes de levala a debate no Consello Galego de Universidades que se celebrará no verán. Seguidos todos estes pasos, esta nova titulación podería estar lista para comezar no curso 2016/2017.
Con esta nova titulación, a Universidade quere emendar os posibles baleiros tecnolóxicos que hai no Campus ao tempo que se amaña outra eiva propia do noso Sistema Universitario Galego, “completando a nosa oferta académica e dando resposta a unha demanda cidadá”. Segundo fixo saber tralo Consello o reitor da Universidade de Vigo Salustiano Mato, a Enxeñaría Aeroespacial é “unha enxeñaría singular que nace para dar apoio a un sector incipiente na comunidade polo que se vai a apostar a través da especialización intelixente en investigación proposta para Galicia e que servirá para, a través da investigación, fortalecer as capacidades empresariais dun sector en auxe”.
O reitor tamén lembrou que o ámbito de traballo que cobre a nova titulación é un mercado que medrou nun 300% nos últimos oito anos, amosando “unha evolución de emprego positiva”. Ao seu xuízo, esta enxeñaría baseada en tecnoloxías de altas prestacións precisaba en Galicia “dunha pata académica sobre a que se alimentase o futuro profesional do sector”. Na súa opinión, o Campus de Ourense era o lugar máis axeitado para este punto de apoio fundamental, “xa que o actual pulmón do sector aeroespacial en Galicia está situado no sur da comunidade, pero coa maior parte da súa actividade en Ourense”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?